Atención á diversidade
A estrutura do traballo permite que os alumnos traballen a distintos ritmos atendendo aos distintos intereses e capacidades. Ao mesmo tempo, a diversidade de recursos enlazados facilita que cada alumno poda profundar nas cuestións que lle resulten máis próximas e ilusionantes facilitando desta forma a aprendizaxe significativa.
O traballo en grupo que se propón tamén permitirá atender a diversidade poñendo distintos niveis, intereses e capacidades, de forma que se produza unha completa interrelación e favorecendo a inclusión de todos os rapaces.
A variedade e diversidade das actividades propostas permite que os alumnos participen segundo as súas capacidades, intereses... incluíndo ás asociadas aos alumnos con especiais capacidades.
A aplicación inclúe un apartado para atender a diversidade que se explica con máis detalle no apartado anterior (Estrutura).
Un aspecto moi interesante da proposta didáctica é que inclúe nos distintos apartados material de audio que facilita a súa utilización por parte de alumnos con déficit visual. Os PDF permiten ampliar o tamaño de letra e de imaxe sen dificultade polo que a inclusión de audioguías facilita moito máis a integración dos alumnos con discapacidade visual no curso normal da clase. Recoméndase combinar os formatos de texto e audio para completar o traballo con estes alumnos.(O peso das audioguías é importante polo que tardará un pouco en descargar e ocupará espazo na memoria.) No apartado de biodiversidade enlázase a unha carpeta con todos os arquivos de audio xa que son moitos subapartados distintos.
O apartado dedicado aos científicos do mar non inclúe audioguía xa que non se considerou necesario.