Celentéreos (cnidarios e ctenóforos)
Pode que os nomes vos parezan raros pero comparados con estes animais son do máis normal.
Para empezar a maioría dos celentéreos pasan por dúas etapas ao longo da súa vida:
Unha de pólipo Outra de medusa
( sésil, pegada ao substrato) (flotadora)


Os celentéreos son cazadores polo que precisan de estruturas que lles permitan atrapar ás súas presas. No texto inicial xa nos avanzaron
como algúns destes animais empregan prolongacións que forman unha especie de rede na que quedan atrapados dende peixes a pequenos organismos. Pero esas redes non só cazan, tamén paralizan e intoxican ás súas presas grazas a unha estrutura marabillosa chamada nematocisto.
En moitos celentéreos as etapas de pólipo, con reprodución asexual, e de medusa, con reprodución sexual, altérnanse nun ciclo que aparece recollido nesta animación (preme). Realiza no teu caderno un esquema no que se inclúan as distintas etapas do ciclo (podes usar o mesmo fondo da animación e ir debuxando e numerando as etapas). Para terminar marca cun círculo a fase de reprodución sexual e con outro a asexual. Este mecanismo reprodutor denomínase reprodución alternante.
Pensamos a Ciencia
De acordo coa súa forma de vida, terán esponxas e celentéreos un sistema nervioso complexo?
Repasamos
Pincha sobre o xogo e compite cos teus compañeiros. Esponxa ou celentéreo? (enlace para xogar na casa)