Repasamos
Chegamos ao final da nosa viaxe ao mundo dos invertebrados e, para celebralo, imos facer outra competición. Por se alguén quere informarse un pouco antes de comezar aquí tedes estas dúas páxinas:
Clave dicotómica
Antes de volver a competir nun novo Kahoot imos reflexionar un pouco sobre os grupos animais estudados facendo unha clave dicotómica con eles: esponxas, celentéreos, platelmintos, anélidos, moluscos, artrópodos e equinodermos.
Xa falamos das claves noutro momento pero lembra que o primeiro criterio de división ten que ser moi, moi, moi,moi clariño. Por
exemplo nos invertebrados podemos empregar a simetría (sempre lembrando que as holoturias amolan un pouco) pero nunca empregaremos a cor porque non hai forma de acertar. (enlace para xogar na casa)