Lendo o mar
Audioguía Lendo o mar
“Algúns libros cómpre probalos; outros, engulilos; e uns poucos, mastigalos e dixerilos.” Francis Bacon. En Ditos sobre o libro e a
lectura. Escolma a cargo de Xavier Seoane.
Como moi ben explica Francis Bacon non todas as lecturas son iguais.
Algúns libros, as novelas, son capaces de mergullarte noutras vidas, épocas pasadas ou futuras, ou noutros mundos. Unhas veces son lecturas tranquilas e repousadas, outras son trepidantes e non dan descanso.
- A chave da Atlántida. As illas Cies son a chave para entrar no continente perdido da Atlántida. (enlace ao resumo do libro)
- As viaxes fantásticas de Jules Verne. Ningún autor mesturou con tanto acerto ciencia e literatura. Viaxa con esta lectura por algunhas das historias de Jules Verne. (enlace ao resumo do libro)
- Volverás, golfiño. A Costa da Morte é unha terra de lendas e naufraxios. (enlace ao resumo do libro)
- A expedición do Pacífico. Hai travesuras que poden traer consecuencias graves. Neste caso a posibilidade de participar nunha expedición científica ao redor do mundo. (enlace ao resumo do libro)
- O home que plantaba árbores. Fermosa historia na que un pastor demostra a relación entre todos os compoñentes da natureza. (enlace ao resumo do libro)
- A evolución de Calpurnia Tate. Na actualidade ser muller e científica é cuestión de interese, Calpurnia non o tivo tan fácil. Nunha sociedade que educa as mulleres para casar, unha nena de doce anos con mentalidade científica non é o habitual. (enlace ao resumo do libro)
- Venres ou a vida salvaxe. A vida solitaria nunha illa debe ser desesperante, pero máis ou menos que acompañado? A chegada dun novo habitante rompe a soidade do náufrago e achega novos retos á supervivencia. (enlace ao resumo do libro)
- A illa do tesouro. Unha historia de bucaneiros e tesouros co mar como protagonista. (enlace ao resumo do libro)
- Robinson Crusoe. Un dos pesadelos de todo viaxeiro do mar é rematar naufragando nunha illa deserta. Nesta novela de Daniel Defoe atoparás unha desas historias de náufragos, Robinson Crusoe. (enlace ao resumo do libro)
Hai outros libros que precisan dunha lectura lenta e reflexiva, son os ensaios. Neles non inventamos, non son libros de ficcións senón que analizamos algún tema para intentar comprendelo mellor.
- Historia da costa galega e dos seus naufraxios. Século XX. Todos os naufraxios do século XX ordenados por data. É máis un libro de consulta que de lectura pero resulta moi curioso.
- Buceando en el pasado. Percorrido polos grandes naufraxios da historia. (enlace ao resumo do libro)
- Agua salada y sangre caliente. Historias de mamíferos marinos. Todo o que queiras saber sobre focas, leóns mariños, baleas ou arroaces. (enlace ao resumo do libro)
- A mariña en baixamar. Descrición dos nosos ecosistemas coa participación de alumnos de secundaria da costa de Lugo.
- El libro de los animales misteriosos. O Kraken é un mostro con forma de polbo ou lura xigante que ataca aos barcos en alta mar. Existe este animal? E o Yeti? (enlace ao resumo do libro)
- A arca de Noé. Moi bo libro de consulta para cuestións relacionadas co mar: historia, características, organismos... (enlace ao resumo do libro).
- La vuelta al mundo de un forro polar. A maioría dos libros teñen como protagonista a un ser vivo, neste será unha prenda de roupa a que nos acompañe nunha viaxe ao redor do mundo. Sabes como é de grande o maior petroleiro? Que pasa coa roupa que tiras? (enlace ao resumo do libro).
- Expedición microscopio. Tras la pista de las cosas diminutas. Un libro para ler no laboratorio. Como preparar mostras para ver ao microscopio, que podemos ver, como funciona un microscopio... (enlace ao resumo do libro)
“Levo corenta anos lendo e aínda descoñezo para que. O único que sei a ciencia certa é que, se houbera unha resposta, atoparíaa nun libro”. Mihály Dés. En Ditos sobre o libro e a lectura. Escolma a cargo de Xavier Seoane.