Saltar navegación

Esponxas

Son animais con forma de saco que viven fixados ao substrato (sésiles). Filtran a auga para obter o alimento facéndoa circular polos poros Esponxado seu corpo.

O esqueleto interno das esponxas está formado por unhas estruturas chamadas espículas que poden ser duras ou brandas. Estas últimas son as que posúen as esponxas que se empregan para o baño.

As esponxas poden reproducirse sexualmente e asexualmente. A reprodución sexual sucede como xa sabes (unión dun gameto masculino, o espermatozoide, e un feminino, o óvulo para formar un cigoto que dará lugar a unha nova esponxa). A asexual é algo diferente xa que non se precisan dous individuos. Na imaxe da dereita podes ver unhas pequenas prolongacións no corpo da esponxa, son as xemas (indicadas polas frechas) que unha vez liberadas darán lugar a unha nova esponxa.

 Xogo esponxas Pincha sobre a imaxe da esquerda e recoñece parellas de esponxas frecuentes nos fondos de Galicia.

  Nunha das imaxes podes ver que as esponxas están recubrindo a superficie dun caranguexo. Investiga sobre a relación entre a esponxa e o caranguexo.

Que beneficio obtén a esponxa? E o caranguexo? Onde adoita vivir o caranguexo esponxa?

Observación espículas

Observar as espículas das esponxas é moi sinxelo, sempre que teñas a posibilidade de recoller un anaco dunha esponxa.

Le o protocolo e distingue as esponxas

Protocolo práctica de esponxas

Práctica de observación de espículas