Saltar la navegación

Tipos de mostraxe

 

Chamaremos mostraxe ao conxunto de técnicas que nos axudan a elixir unha mostra representativa.

A mostraxe pode ser probabilística ou non probabilística.

  • Na mostraxe non probabilística (tamén coñecida como mostraxe non aleatoria) non todos os membros da poboación teñen a mesma posibilidade de participar no estudo. É dicir, baséase en criterios de selección subxectivos.
  • Na mostraxe probabilística todos os individuos da poboación teñen a mesma posibilidade de ser elexidos para estar na mostra e todas as mostras de tamaño n teñen a mesma probabilidade de ser seleccionadas.

Aquí estudaremos a mostraxe probabilística

Tipos de mostraxe probabilística:

Aleatoria simple

Procedemento

  1. Prepárase unha lista numerada de todos os individuos da poboación.
  2. Elíxense sucesivamente n números mediante un xerador de números aleatorios (táboas de números aleatorios, algunha clase de software...).
  3. Os individuos que levan estes números constitúen a mostra.
Bombo
Bombo

Aleatoria sistemática

É o método de mostraxe aleatoria que require seleccionar mostras baseándose nun sistema de intervalos nunha poboación numerada.

Procedemento

  1. Coñecida a poboación, N, e o tamaño total da mostra, n, calcúlase o chamado coeficiente de elevación, k. Este coeficiente indica o número de veces que a mostra está contida na poboación. 
    \[k=\frac N n\]. 
  2. Unha vez calculado o coeficiente, escóllese aleatoriamente o primeiro elemento da poboación seleccionado para a mostra.
  3. A partir de aí o resto de casos escóllense cada certo intervalo, k, ata completar o tamaño da mostra, n, volvendo ao principio da lista se fose necesario.

Mostraxe estratificado

Unha mostra estratificada é onde a poboación se divide en grupos máis pequenos chamados estratos. Os estratos adoitan crearse a partir de grupos homoxéneos de individuos, que á súa vez son heteroxéneos entre diferentes grupos.

Os "estratos" poden, por exemplo, basearse en datos demográficos, diferentes grupos de idade, profesións, etc.

Tipos:

  • Uniforme: a mostra repártese en partes iguais en cada estrato.
  • Proporcional: o reparto é proporcional ao número de elementos de cada estrato.

Procedemento:

  1. O primeiro paso é a estratificación da mostra
  2. Para escoller os participantes en cada estrato, úsase outro método de mostraxe (como a mostraxe aleatoria).
  3. No caso de ser proporcional, calcularánse primeiro o número de elementos que se teñen que elexir en cada estrato e que dependerá do peso que ten o estrato no total da poboación.

Mostraxe por conglomerados

Unha mostra por conglomerados é onde a poboación está dividida en grupos máis pequenos chamados conglomerados. Os conglomerados adoitan crearse a partir de grupos heteroxéneos de individuos, que á súa vez son homoxéneos entre diferentes grupos.

Os grupos son normalmente naturais, xeográficos ou de outra clase, como diferentes cidades dun país...

Procedemento:

  1. Divídese a poboación en conglomerados
  2. Selecciónanse os conglomerados ao azar
  3. A mostra elabórase de forma aleatoria con elementos de cada conglomerado seleccionado.