Cando se fai unha estimación en estatística, sempre hai incerteza arredor desa estimación, porque o número está baseado nunha mostra da poboación que se está estudando.
O intervalo de confianza é o intervalo de valores entre os que se espera que estea o parámetro da poboación que se desexa estimar, cunha derminada probabilidade.
O intervalo de confianza non serve para facer unha estimación puntual do parámetro poboacional, pero axudará a facernos unha idea aproximada de cal podería ser o verdadeiro. Permítenos limitar entre dous valores onde se atopará o parámetro da poboación.
Os intervalos de confianza constrúense arredor de estimacións puntuais, polo que é importante comprender as estimacións puntuais para comprender as estimacións de intervalos.
Gráficamente:
Os pasos para calcular un intervalo de confianza van ser:
- Seleccionar aleatoriamente a mostra entre a poboación
- Atopar a estimación puntual
- Decidir o nivel de confianza
- Calcular a marxe de erro
- Calcular o intervalo de confianza
O primeiro paso foi visto no apartado de mostraxe. Os outros, que veremos nos apartados seguintes, dependen do tipo de parámetro para o que se calcule o intervalo de confianza.
Os parámetros comúnmente estimados son:
- Proporción (para datos cualitativos)
- Valores centrais e varianza (para datos numéricos)
Porcentaxe de individuos que poseen unha certa característica, expresada en tanto por un.
Media, Moda e Mediana.