Ordinaria 2020
A produción diaria de leite, medida en litros, dunha granxa pódese aproximar por unha variable normal de media µ descoñecida e desviación típica σ = 50 litros.
a) Determine o tamaño mínimo de mostra para que o correspondente intervalo de confianza para µ ao 95% teña unha amplitude como máximo de 8 litros.
b) Tómanse os datos de produción de 25 días, calcule a probabilidade de que a media das producións obtidas sexa menor ou igual a 930 litros se sabemos que µ = 950 litros.