O proxecto presentado diríxese ao alumnado de 2º de Bacharelato de Ciencias Sociais, e pretende ser unha axuda para a preparación do bloque de estatística e probabilidade.
A pretensión é preparar ao alumnado para que poida describir procedementos estatísticos que permiten estimar parámetros descoñecidos dunha poboación cunha fiabilidade ou un erro prefixados, calculando o tamaño mostral necesario e construíndo o intervalo de confianza para a media dunha poboación normal con desviación típica coñecida e para a media e proporción poboacional, cando o tamaño mostral é suficientemente grande.
Ademais, conta cun ultimo bloque cuxo obxectivo non só é que o alumno sexa capaz de presentar un estudo estatístico, senón que poida analizar de forma crítica os distintos informes estadísitcos que no futuro se lle presenten.