Ordinaria 2021
Unha compañía de seguros quere determinar que proporción dos seus clientes estaría disposta a aceptar unha suba de tarifas a cambio dun incremento nas súas prestacións. Unha enquisa previa indica que esta proporción está en torno ao 15%.
a) De que tamaño mínimo debería ser a mostra se se quere estimar a dita proporción cun erro inferior a 0,08 e un nivel de confianza do 95%?
Finalmente, realízase o estudo cunha mostra de 196 clientes, dos que 37 manifestaron a súa
conformidade coa proposta.
b) Calcule un intervalo de confianza, ao 92%, para a proporción de clientes da compañía que aceptaría a dita proposta. Cal e o erro máximo cometido?