3. Distribucións de mostraxe

 

Cando se extraen mostras aleatorias dunha poboación, os resultados obtidos nesas mostras son aleatorios.

Falamos de distribución mostral cando formamos máis dunha mostra aleatoria simple do mesmo tamaño dunha poboación dada.

As mostras son independentes entre si, polo tanto, se un individuo está nunha mostra, ten a mesma probabilidade de estar na seguinte mostra que se tome.

Os individuos da mostra proceden dun proceso de selección aleatorio, polo tanto, o resultado que obtemos na mostra depende do azar; é dicir, é unha variable aleatoria.

Se calculamos un estatístico particular para cada mostra, como pode ser unha media mostral, unha varianza mostral ou unha proporción mostral, dado que o estatístico depende da mostra que temos, cada mostra normalmente producirá un valor diferente para o estatístico de interese. O rango dos valores que se produciron é o que nos dá a nosa distribución mostral.

Dsitribución mostral
Dsitribución mostral