Saltar la navegación

MOSTRAXE E ESTIMACIÓN

 

Cando se fai un estudo estatístico, a poboación adoita ser demasiado grande e por economía de tempo e recursos, o estudo faise sobre un subconxunto da poboación.

Nesta unidade veremos os procedementos tanto para seleccionar unha mostra aleatoria representativa da poboación, mostraxe, como para facer estimacións sobre as características de toda a poboación.

Mostraxe e estimación
Mostraxe e estimación

A inferencia estatística consiste no uso de técnicas para sacar conclusións sobre algún aspecto descoñecido da poboación baseándose nunha mostra aleatoria.

Podemos distinguir dous tipos de inferencia: estimación contraste de hipóteses

  • Nunha estimación, o obxectivo é describir un aspecto descoñecido dunha poboación, por exemplo, a nota media da proba das ABAU de todos os examinados en Galicia. A estimación pode ser de dous tipos, estimación puntual e estimación por intervalos de confianza.
  • O obxectivo do contraste de hipóteses é decidir cal das dúas afirmacións complementarias sobre unha poboación é verdadeira.

Nestas páxinas, ímonos centrar na parte de estimación e describiremos procedementos estatísticos que permitan estimar parámetros descoñecidos dunha poboación cunha fiabilidade ou un erro prefixado.