Saltar la navegación

Aspectos curriculares

 

A través desta proposta pretendemos traballar os contidos que se desenvolven no currículo da materia de Matemáticas Aplicadas ás ciencias sociais II. Os contidos e estándares descritos a continuación desenvólvense no ODE de forma secuencial. No obstante, os bloques non se traballan ailladamente, de forma que as/os estudantes alcancen a ver as relacións que presentan entre sí, co fin de que poidan afianzar os distintos conceptos formando parte dun todo.

A continuación explicítanse os contidos e estándares traballados, así como a secuenciación dos mesmos.

UD 1. Poboación e mostra

  • Contidos: Poboación e mostra. Métodos de selección dunha mostra. Tamaño e representatividade dunha mostra
  • Estándares: Valora a representatividade dunha mostra a partir do seu proceso de selección.

UD 2. Estatística paramétrica

  • Contidos: Estatística paramétrica. Parámetros dunha poboación e estatísticos obtidos a partir dunha mostra. Estimación puntual.
  • Estándares: Calcula estimadores puntuais para a media, varianza, desviación típica e proporción poboacionais, e aplícao a problemas reais.

UD 3. Distribucións de mostraxe

  • Contidos: Media e desviación típica da media mostral e da proporción mostral. Distribución da media mostral nunha poboación normal. Distribución da media mostral e da proporción mostral no caso de mostras grandes.
  • Estándares: Calcula probabilidades asociadas á distribución da media mostral e da proporción mostral, aproximándoas pola distribución normal de parámetros axeitados a cada situación, e aplícao a problemas de situacións reais.

UD 4. Estimación por intervalos de confianza

  • Contidos: Estimación por intervalos de confianza. Relación entre confianza, erro e tamaño mostral.
  • Estándares:. Relaciona o erro e a confianza dun intervalo de confianza co tamaño mostral, e calcula cada un destes tres elementos, coñecidos os outros dous, e aplícao en situacións reais.

UD 5. Intervalos de confianza

  • Contidos: Intervalo de confianza para a media poboacional dunha distribución normal con desviación típica coñecida. Intervalo de confianza para a media poboacional dunha distribución de modelo descoñecido e para a proporción no caso de mostras grandes.
  • Estándares: Constrúe, en contextos reais, un intervalo de confianza para a media poboacional dunha distribución normal con desviación típica coñecida. Constrúe, en contextos reais, un intervalo de confianza para a media poboacional e para a proporción no caso de mostras grandes.

UD 6. Exercicios ABAU

  • Contidos: Exercicios das ABAU do ano 2017 ao 2021
  • Estándares: Todos os das unidades 1, 2, 3, 4 e 5

UD 7. O estudo estatístico

  • Contidos: Identificación das fases e das tarefas dun estudo estatístico. Elaboración e presentación da información estatística. Análise e descrición de traballos relacionados coa estatística e o azar, interpretando a información e detectando erros e manipulacións.
  • Estándares: Utiliza as ferramentas necesarias para estimar parámetros descoñecidos dunha poboación e presentar as inferencias obtidas mediante un vocabulario e representacións axeitadas. Identifica e analiza os elementos dunha ficha técnica nun estudo estatístico sinxelo. Analiza de xeito crítico e argumentado información estatística presente nos medios de comunicación e noutros ámbitos da vida cotiá.

 En todas as unidades didácticas:

  • Contidos: Planificación e expresión verbal do proceso de resolución de problemas. Análise dos resultados obtidos: revisión das operacións utilizadas, coherencia das solucións coa situación, revisión sistemática do proceso, procura doutros xeitos de resolución e identificación de problemas parecidos. Elaboración e presentación oral e/ou escrita de informes científicos sobre o proceso seguido na resolución dun problema, utilizando as ferramentas tecnolóxicas axeitadas. Utilización de medios tecnolóxicos no proceso de aprendizaxe. Planificación e realización de proxectos e investigacións matemáticas a partir de contextos da realidade ou do mundo das matemáticas, de xeito individual e en equipo. Práctica de procesos de matematización e modelización, en contextos da realidade. Confianza nas propias capacidades para desenvolver actitudes axeitadas e afrontar as dificultades propias do traballo científico.
  • Estándares: Expresa verbalmente, de xeito razoado, o proceso seguido na resolución dun problema, coa precisión e o rigor adecuados. Analiza e comprende o enunciado que cumpra resolver. Realiza estimacións e elabora conxecturas. Usa a linguaxe, a notación e os símbolos matemáticos adecuados. Emprega as ferramentas tecnolóxicas adecuadas. Coñece e describe a estrutura do proceso de elaboración dunha investigación. Planifica adecuadamente o proceso de investigación. Afonda na resolución dalgúns problemas. Consulta as fontes de información adecuadas ao problema de investigación. Usa a linguaxe, a notación e os símbolos matemáticos axeitados ao contexto do problema de investigación. Emprega as ferramentas tecnolóxicas adecuadas ao tipo de problema de investigación. Establece conexións entre o problema do mundo real e o mundo matemático. Interpreta a solución matemática do problema no contexto da realidade. Reflexiona sobre o proceso e obtén conclusións. Desenvolve actitudes axeitadas para o traballo en matemáticas. Desenvolve habilidades sociais de cooperación e traballo en equipo. Selecciona ferramentas tecnolóxicas axeitadas. Usa axeitadamente os medios tecnolóxicos.