Estatístico: é un número que se calcula sobre unha mostra e que nos informa sobre algunha característica da mesma.
Os parámetros da poboación normalmente son descoñecidos e hai estatísticos que nos ofrecen estimacións dos parámetros. Neste caso, ao estatístico tamén se lle chama estimador.
Os estatísticos máis utilizados, así coma a súa relación cos parámetros poboacionais, aparecen reflectidos na seguinte táboa:
| Parámetros (poboación) |
Notación |
Estatísticos |
Notación |
| Proporción | p | Proporción | \(\hat p\) |
| Media | μ | Media | \(\overline x\) |
| Varianza | σ2 | Varianza | s2 |
| Cuasivarianza | \(s^2_{n-1}\) | ||
| Desviación típica | σ | Desviación típica | s |
| Cuasidesviación típica | sn-1 |
Por cada parámetro que desexamos coñecer podemos obter unha mostra e calcular un estatístico da mostra, o que nos dará unha estimación do parámetro.
Cando o parámetro e o estatístico teñen o mesmo nome calcúlanse utilizando a mesma fórmula, só que no primeiro caso utilizamos datos da poboación e no segundo dunha mostra, de aí a razón de utilizar notacións distintas para a mesma fórmula. No apartado de actividades resoltas pódese ver o seu cálculo.