A finalidade do proxecto é a de proporcionar ao alumnado formación, madureza intelectual e humana, coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia. Así mesmo, capacitará o alumnado para acceder á educación superior. Afondándose, no segundo curso, nas achegas da materia ao currículo do bacharelato, mediante, entre outras a inferencia estatística.
Preténdese contribuír a desenvolver os seguintes obxectivos do bacharelato:
- Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as habilidades básicas propias da modalidade elixida.
- Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio ambiente e a ordenación sostible do territorio, con especial referencia ao territorio galego.
- Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.
- Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación.
Outros obxectivos que se pretenden tamén son:
- Ofrecer unha aprendizaxe diferenciada e flexible. por ser unha ferramenta idónea para facilitar a asimilación de coñecementos sen desmotivacións. Os estudantes con maiores dificultades lograrán máis confianza e seguridade en si mesmos xa que poden acceder ao material cantas veces lles sexa necesario.
- Ser unha ferramenta fácil de utilizar na clase e na aula virtual.
- Integar as TIC na aprendizaxe.
- Ofrecer un obxeto versátil que facilite á docencia tanto presencial coma semipresencial ou virtual.