- Criterios de avaliación
- Extraer una mostra dunha poboación utilizando a técnica de mostraxe adecuada.
- Valorar a representatividade dunha mostra a partir do seu proceso de selección
- Calcular estimadores puntuais para a media, varianza, desviación típica e proporción poboacionais, e aplicalo a problemas reais.
- Calcular probabilidades asociadas á distribución da media mostral e da proporción mostral, aproximándoas pola distribución normal de parámetros idóneos a cada situación, e aplicalo a problemas de situacións reais.
- Construír, en contextos reais, un intervalo de confianza para a media poboacional dunha distribución normal con desviación típica coñecida.
- Construír, en contextos reais, un intervalo de confianza para a media poboacional e para a proporción no caso de mostras grandes.
- Relacionar o erro e a confianza dun intervalo de confianza co tamaño mostral, e calcular cada un destes tres elementos, coñecidos os outros dous, e aplicalo en situacións reais.
- Utilizar as ferramentas necesarias para estimar parámetros descoñecidos dunha poboación e presentar as inferencias obtidas mediante un vocabulario e representacións idóneas
- Presentar de forma ordenada información estatística utilizando vocabulario e representacións axeitadas.
- Identificar e analizar os elementos dunha ficha técnica nun estudo estatístico sinxelo.
- Analizar de maneira crítica e argumentada información estatística presente nos medios de comunicación e noutros ámbitos da vida cotiá.
- Desenvolver procesos de matematización en contextos da realidade cotiá (estatísticos ou probabilísticos) a partir da identificación de problemas en situacións problemáticas da realidade.
- Empregar as ferramentas tecnolóxicas axeitadas, de xeito autónomo, realizando cálculos estatísticos, analizando con sentido crítico situacións diversas que axuden á comprensión ou á resolución de problemas.
- Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación de maneira habitual no proceso de aprendizaxe, buscando, analizando e seleccionando información salientable en internet ou noutras fontes, elaborando documentos propios, facendo exposicións e argumentacións destes e compartíndoos en ámbitos apropiados para facilitar a interacción.
- Instrumentos de avaliación
- Proba obxectiva de resolución de exercicios (presenciais ou telemáticos a través da aula virtual ou, se é necesario, por videoconferencia en Webex).
- Foros de debate.
- Documentos colaborativos.
- Tipos de avaliación
- Avaliación formativa
- Avaliación por pares: os alumnos avaliarán os exercicios realizados por cada un dos seus compañeiros.
- Autoavaliación: o alumno avaliará o seu desempeño nas tarefas realizadas.
- Deseño de instrución: o profesor avaliará a eficacia de cada un dos pasos do deseño de aprendizaxe, adaptándoos segundo corresponda.
- Avaliación sumativa
- Resultados da proba obxectiva para resolver exercicios.
- Resultados da avaliación por pares.
- Grao de participación do alumnado nas actividades propostas.