Saltar la navegación

Ano 2018

Ordinaria opción A

O peso (en gramos) das empanadas que saen dun forno segue unha distribución normal cunha desviación típica de 120 gramos. Se se estableceu o intervalo (1499,9; 1539,1) como intervalo de confianza para a media a partir dunha mostra de 144 empanadas
a) Cal é o valor da media mostral? Con que nivel de confianza se construíu o intervalo?
b) Cantas empanadas, como mínimo, deberíamos pesar para que o nivel de confianza do intervalo anterior sexa do 99%?

Ordinaria opción B

Un consumidor cre que o peso medio dun produto é distinto do que indica o envase. Para estudar este feito, o consumidor toma unha mostra aleatoria simple de 100 produtos nos que se observou un peso medio de 245 g. Suponse ademais que o peso do produto por envase segue unha distribución normal con desviación típica 9 g.
a) Constrúe un intervalo de confianza para o peso medio dese produto ao 95% de confianza.
b) Cal sería o tamaño muestral mínimo necesario para estimar o verdadeiro peso medio a partir da media mostral cun erro de estimación máximo de 2 g e un nivel de confianza do 90%?

Extraordinaria opción A

Nun estanque deséxase estimar a porcentaxe de peixes dourados. Para iso, tómase unha mostra aleatoria de 700 peixes e atópase que exactamente 70 deles son dourados.
a) Acha, cun nivel de confianza do 99%, un intervalo para estimar a proporción de peixes dourados no estanque
b) No intervalo anterior, canto vale o erro de estimación?
c) Considerando dita mostra, que lle ocorrería ao erro de estimación se aumentase o nivel de confianza? Xustifica a resposta.

Extraordinaria opción B

Nunha empresa quérese racionalizar o gasto en teléfono móbil dos seus axentes comerciais. Para iso faise un estudo sobre unha mostra dos devanditos axentes e obtense: ”cunha confianza do 95%, a media do gasto mensual en teléfono móbil está entre 199,71 e 220,29 euros”. Supoñendo que o gasto en teléfono móbil é unha variable normal
a) Calcula o gasto medio mostral e o erro cometido na estimación.
b) Se a desviación típica é de 42 euros, que tamaño ten a mostra?