Actividades

 

Ao longo do ODE hai varios tipos de actividades:

  • Actividades exemplo
    • Serven para axudar a comprender conceptos.
  • Actividades resoltas
    • Son exercicios que teñen como finalidade axudar a fixar conceptos.
    • O formato empregado consiste en mostrar o enunciado e, cando se solicite, mostrar a solución.
    • Se despois de estudar a materia e de facer as actividades resoltas quedan cousas sen entender, é o momento de anotalo e preguntar ao profesor.
  • Actividades propostas
    • Neste apartado aparecen exercicios que axudan a avaliar a aprendizaxe. Ás veces, conceptos que non se entenderon ao estudar a unidade enténdense ao realizar as actividades propostas.
    • Deberanse facer ao final do estudo de cada unidade didáctica. Son preguntas de elección múltiple, na que a retroalimentación é inmediata.