A estatística ocúpase de recompilar, analizar, interpretar e presentar datos empíricos. A estatística é interdisciplinar e aplícase en practicamente todos os campos científicos. Serve para realizar avances importantes nas ciencias, para facer predicións e para a toma de decisións.
Coñecer as ferramentas estatísticas nos capacita para levar a cabo procedementos que permiten extraer información dos datos recollidos.
A estatística descritiva limítase a describir os datos mediante gráficos, táboas ou resumos numéricos, o que permite unha interpretación máis sinxela dos mesmos. A estatística inferencial utiliza os datos dunha mostra para facer afirmacións sobre a poboación a estudo.
Os recollidos da observación e a experimentación.