Poboación é o conxunto de todos os elementos que posúen unha determinada característica.
Por razóns de economía, tanto de tempo como de diñeiro, á hora de recompilar información non adoitan estudarse todos os individuos da poboación.
Denomínase:
- Mostra a un subconxunto da poboación.
- Mostraxe ao proceso mediante o cal se escolle unha mostra da poboación. En xeral, unha mostra de tamaño n é un grupo de n individuos extraídos da poboación.
- Censo aos estudos que involucran a toda a poboación.
Na práctica, os estudos estatísticos realízanse a partir da información obtida de certas mostras. A inferencia estatística trata da obtención de conclusións a partir de mostras, controlando o erro nas devanditas conclusións por medio de técnicas probabilísticas. En xeral, deséxase que as mostras sexan o máis representativas da poboación posible.
