Xeración de 1936
O período de posguerra caracterízas pola represión e o silencio literario. Houbo que agardar até o ano 1947 para que Aquilino Iglesia Alvariño publicase Cómaros verdes, primeiros poemario en galego da posguerra. Deste período destacaremos a Xeración de 1936 e dentro desta, dúas liñas ben diferenciadas: a poesía social do gran Celso Emilio Ferreiro e a liña introspectiva de Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado nas Letras Galegas do 2014.