A cantiga de amor
Mia senhor...
|
En grave día me fez Deus nacer |
En grave día por mí comecei con mia senhor quand'eu fui começar con ela; grave día desejei 25 quan muito ben m'ela fez desejar. Grave día foi por mí de-la sazón que eu a vi, grave día, pois non morrí por ela, nunca morrerei. E porque m'eu dela quitei, 30 esmoresco mil vezes, e non sei por bõa fe, nulha parte de min. E non mi ponhan culpa des aquí de seer sandeu, ca ensandecí pola máis fremosa dona que sei. Pero d'Armea
|
Músicos medievais
|
- Le con atención a cantiga anterior e identifica a voz poética de maneira xustificada. En que persoa está? A quen cres que corresponde?
- De quen está a falar? Como a apostrofa?
- Resume brevemente o contido de cada cobra nunha ou en dúas liñas.
Le o parágrafo seguinte e complétao coas palabras que se che dan máis abaixo:
As cantigas de amor son aquelas en que un protagonista se dirixe en primeira persoa á súa , a quen chama . A voz poética expresa os seus sentimentos de pola insatisfacción que lle inspira a da súa amada, cando non o seu . A respecto dela asume unha actitude de , semellante á que os nobres manteñen cos reis na época medieval.
As cantigas de amor son as que representan o xénero que recolle a moda do amor , ou fin'amors, difundida por toda Europa dende o sur de Francia e que en Galicia foi simplificada, seguramente por motivos . Mentres na Provenza os trobadores chegaban ao goce pleno da relación, joi, en Galicia o máis frecuente é que fiquen na o sufrimento de quen non é . Con todo, a lírica galego-portuguesa, mantén unha visión totalmente da amada ao igual que na lírica do amor cortés provenzal.
socioculturais, ausencia, correspondido, desdén, vasalaxe, idealizada, tristura, masculino, coita, senhor, cortés, namorada
Relaciona cada elemento coa súa definición. Non te preocupes se non acertas á primeira:
| o poeta suspira polo amor da dama, mais nin sequera é quen de dirixirlle a palabra | |
| o poeta atrévese a confesarlle á dama o seu amor, sen obter éxito | |
| neste grao, o poeta xa ten unha relación amorosa coa dama, mais aínda non chegou a ter relacións plenas con ela | |
| o poeta ten unha relación amorosa completa coa dama, chegando a ter relacións sexuais |
Como xa dixemos, a cantiga de amor ten a súa orixe e inspiración na lírica do amor cortés provenzal. Con todo, hai moitas diferenzas que a singularizan. No seguinte listado de opcións vai escollendo as opcións verdadeiras ou falsas tendo en conta a cantiga inicial. Podes consultar a axuda.
Dentro da cantiga de amor, pódense diferenciar catro campos semánticos principais os cales se poden combinar nalgúns casos:
- Loanza da dama
- Amor do poeta
- Reserva da dama
- Coita de amor
O máis representado e estruturado de todos eles é o último pero podemos atopar exemplos de todos eles. Nos seguintes fragmentos identifica cada un dos campos semánticos.
| En grave día me fez Deus nacer aquel día en que eu nací, en grave día me fezo veer a mia senhor u a primeiro vi. En grave día vi os olhos seus, en grave día mi fez entón Deus veer quan ben parece parecer. |
A vós fez Deus, fremosa mia senhor, o maior ben que vos pod'el fazer: fez-vos mansa e melhor parecer das outras donas, e fez-vos melhor dona do mund'e de melhor sén. Vedes senhor, se al disser alguén con verdade non vos pod'al dizer. |
Eu sõo tan muit'amador do meu linhagen, que non sei al no mundo querer melhor düa mia parenta que hei. E quen sa linhagen quer ben, tenh'eu que faz dereit'e sén; e eu sempr'o meu amarei. |
Pero que mia senhor non quer que por ela trobe per ren, nen que lhi diga quan gran ben lhi quero, vel en meu cantar, non a leixarei a loar. E pois, quando a vir, rogar- lh'-ei por Deus que lhi non pes én. |
|
Se eu podesse desamar |
Que muito m'eu pago deste verão |
|
Pero da Ponte
|
Airas Nunes Tirados de: http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=Tro&alias=Trobadores&solapa=obras |
Vimos de ver que a coita de amor se podía vehiculizar a través de varios tópicos. O que non vimos son algunhas excepcións que pode presentar. Nas cantigas anteriores os trobadores non adoptan unha actitude sumisa cara á senhor: tenta identificar xustificadamente a súa reacción.
A forma da cantiga de amor 1: o mordobre
En grave día me fez Deus nacer
aquel día en que eu nací,
en grave día me fezo veer
a mia senhor u a primeiro vi.
5 En grave día vi os olhos seus,
en grave día mi fez entón Deus
veer quan ben parece parecer.
En grave día mi fez entender
Deus quan muito ben eu dela'ntendí,
10 en grave día mi fez conhocer
aquel día en que a conhocí.
En grave día mi a fez entón, meus
amigos, grave día, mi a fez Deus
tan gran ben, como lh'eu quero, querer.
Ollo!:
- Fíxate nos catro primeiros versos de cada cobra.
- Le a cantiga completa e verifica se mantén o uso deste recurso.
- Tenta localizar este recurso noutra cantiga desta unidade didáctica.
- Compón unha pequena cantiga de 6 palavras onde utilices o recurso do mordobre.
Completa os espazos que faltan no seguinte fragmento:
|
En grave día me fez Deus nacer |
En grave día por mí
con mia senhor quand'eu fui começar con ela; grave día desejei 25 quan muito ben m'ela fez desejar. Grave día foi por mí de-la sazón que eu a vi, grave día, pois non morrí por ela, nunca morrerei. E porque m'eu dela quitei, 30 esmoresco mil vezes, e non sei por bõa fe, nulha parte de min. E non mi ponhan culpa des aquí de seer sandeu, ca ensandecí pola máis fremosa dona que sei. Pero d'Armea |
Lembra que na rima asonane só se repiten os son vocálicos.
As dúas últimas cobras tamén son capcaudadas pero non é posible reconstruílas porque non se repite o lexema (como pasa co mordobre).
A forma das cantigas de amor 3: cobras capdenals
Se sabes en que consiste o recurso da anáfora, saberás atopar e explicar que son as cobras capdenals. Seguimos a empregar a mesma cantiga.
- Pódeste axudar de internet ou do libro de texto.
- Anota os versos no teu caderno e redacta a definición.
A fiinda é un recurso propio das cantigas de amor herdado da lírica provenzal. Nesta actividade ímosche pedir que escollas a definición correcta tendo en conta que a cantiga que estamos a traballar contén este recurso.
- Cando saibas que é a finda, localízaa na cantiga e comproba xustificadamente que se corresponda coa definición que escolliches.
Poema breve e enxeñoso de carácter satírico.
O seu número de versos era menor ca o do resto das cobras da cantiga e empregábase a modo de cabo ou epílogo, polo que tiña un notorio carácter conclusivo. A Arte de trovar estabelecía que o seu número oscilaba entre unha e tres.
Inscrición breve colocada sobre unha tumba.
Tópico que expresa a idea epicureísta do gozo do presente, dada a brevidade da vida e a inevitabilidade da morte.
De refrán ou de mestría
As cantigas organízanse en dous grandes grupos: cantigas de mestría e cantigas de refrán. As primeiras considéranse máis cultas e demostran mellor a capacidade versificadora do trobador, mentres que as segundas están máis emparentadas coa lírica popular.
- De que tipo é a cantiga que estamos a traballar? Xustifícao.
- De que tipo é a cantiga de amigo que vimos na unidade didáctica anterior? Vai por aquí.
Actividade final: redacta o teu comentario
Tras realizar as actividades, recompilaches información suficiente sobre cantigas de amor e sobre esta en particular para realizares un comentario de texto. Redacta o teu comentario seguindo os seguintes pasos:
- Recompila todo o que aprendiches sobre as cantigas de amor facendo as actividades.
- Realiza un esquema previo cos puntos principais que vas tratar. Consulta a Guía para o comentario de textos líricos.
- Redacta un borrador, cando menos, do comentario onde poidas introducir correccións e modificacións.
- Escribe o teu comentario tendo especial coidado coa expresión escrita, ortografía e signos de puntuación. Ten en conta que debes redactar un texto coherente e cohesionado, utilizando os organizadores e conectores textuais oportunos.

