Lírica medieval
Na Idade Media desenvólvese a lírica trobadoresca galego-portuguesa durante un período que abrangue desde finais do século XII, data dos textos conservados máis antigos, ata mediados do século XV.
As composicións denomínanse cantigas posto que estaban destinadas a ser cantadas con un acompañamento musical. As cantigas foron interpretadas nas cortes reais tanto do reino de Galicia e Portugal, como de Castela, Aragón e Navarra.
Na lírica trobadoresca pódense diferenciar tres tipos de cantigas:
- Cantigas de amigo, de tema amoroso, baséanse na lírica popular de transmisión oral.
- Cantigas de amor, cuxa temática é tamén amorosa, xorden pola influencia da lírica provenzal que se introduce a través do Camiño de Santiago.
- Cantigas de escarnio e maldicir, de tema satírico e tamén influídas pola lírica provenzal.