Avaliación

Test sobre métrica

1) Cando se contan as sílabas dun verso, cómpre ter en conta que:


cando o verso remata en sílaba esdrúxula suprímese unha sílaba.

cando o verso remata en sílaba grave, engádese unha sílaba.

cando o verso remata en sílaba aguda, engádese unha sílaba.

A primeira e a terceira son correctas.


2)  Nos seguintes versos de Ramón Cabanillas:

No castelo que se alza nun rochedo da serra,

onde esquece os traballos e os estrondos da guerra,

Como se divide en sílabas o segundo verso?


on - de es - que - ce os - tra - ba - llos - e os - es - tron - dos - da - gue - rra, = 14. Verso alexandrino.

on - de es - que - ce - os - tra - ba - llos - e os - es - tron - dos - da - gue - rra, = 15. Verso pentadecasílabo

on - de es - que - ce os - tra - ba - llos - e os - es - tron - dos - da - gue - rra, = 14-1 = 13. Verso tridecasílabo. 

on - de es - que - ce os - tra - ba - llos - e os - es - tron - dos - da - gue - rra, = 14+1= 15. Verso pentadecasílabo.


3)  A unión dun hiato dunha palabra nunha soa sílaba métrica é unha licenza poética que recibe o nome de:


Sinalefa.

Hiato.

Diérese.

Sinérese.


4)  Se os versos dun poema teñen todos eles a mesma medida pero non riman entre si, que nome reciben?


Versos brancos.

Versos soltos.

Versículos.

Versos libres.


5)  Cal das seguintes estrofas non ten rima consonante?


Terceto.

Cuarteto.

Octavilla italiana.

Seguidilla


6)  Cales dos seguintes grupos de estrofas teñen ou poden ter versos hendecasílabos?


Terceto, cuarteto, lira.

Cuarteta, terceto, pareado.

Copla, oitava real, cuarteto.

Redondilla, terceto, décima.


7)  Le os seguintes versos de Rosalía de Castro:

-Deses teus olliños negros
como doas relumbrantes
hastras as nosas maus unidas
as bágoas ardentes caen.

De que tipo de estrofa se trata?


Cuarteta.

Seguidilla.

Redondilla.

Copla.


8) Que esquema métrico se corresponde co soneto?


7a 11B 7a 7b 11B

11A 11B 11A 11B / 11A 11B 11A 11B / 11C 11D 11E / 11D 11C 11E

11A 11B 11B 11A / 11A 11B 11B 11A / 11C 11D 11C / 11D 11C 11D

8- 8a 8- 8a 8- 8a 8- 8a 8- 8a 8- 8a 8- 8a...

As opcións segunda e terceira son correctas.


9)  Na lírica trobadoresca medieval, como se denominan as estrofas e os versos?


Coplas e hemistiquios.

Serpes e palavras.

Cobras e palavras.

Codas e cesuras.


10)  Pode un romance estar formado por versos hendecasílabos?


Si, mais neste caso a rima é consonante.

Si, en cuxo caso recibe o nome de romance heroico.

Non, sería unha silva.

Si, é unha variante do romance que recibe o nome de romancillo.