Avaliación

Figuras literarias. Test 1

1) Cales dos seguintes pares de palabras implican unha alteración sintáctica?


Hipérbato, correlación.

Hipérbato, oxímoro.

Oxímoro, paralelismo.

Hipérbato, quiasmo.


2)  Como se denomina a figura onde se repiten fonemas para evocar unha sensación non auditiva?


Aliteración.

Fonosimbolismo.

Sinestesia.

Reduplicación.


3)  Que é un tropo?


Unha figura de repetición como a anáfora ou a aliteración.

Un xogo de palabras coma o equívoco ou o retruécano.

Unha figura de substitución léxica como a metáfora ou a metonimia.


4)   Nos versos de Rosalía:

Buscaime antre os robres.
Buscaime antre os millos,

Que recurso se emprega?


Unha anadiplose.

Unha anáfora.

Un encabalgamento.

Un quiasmo.


5)  Que recurso estilístico se emprega no seguinte verso de Cunqueiro?

Dime onde vas, amada miña cerva ferida.


Metonimia.

Metáfora.

Alegoría.

Personificación.


6) Cales dos seguintes grupos de figuras literarias implican a repetición dunha mesma palabra dentro dun verso ou estrofa?


Paralelismo, bimembración, polisíndeto.

Pleonasmo, epíteto, aliteración.

Anáfora, anadiplose, epanadiplose.

Diáfora, diloxía, anáfora.


7)  Que figuras estilísticas emprega Pondal nos versos do himno galego ¿que din as altas copas / de escuro arume arpado?


Animalización, interrogación retórica, metáfora.

Interrogación retórica, enumeración, pleonasmo.

Interrogación retórica, personificación, epíteto.

Personificación, epíteto, antítese.


8)  Identifica unha antítese nos seguintes exemplos:


¡Vinde vela, mociños e mozas! (Curros Enríquez)

Doncel de maus de primavera (Arcadio López Casanova)

¡Saludaina, rapaces e vellos! (Curros Enríquez)


9)  Onde hai un símil ou comparación?


Ceo e terra están espidos
coma outrora Adán e Eva  (Amado Carballo)

Ouh Galicia, Galicia, Boi de palla,
canta lástima ten de ti o Gaiteiro!  (Xoán Manuel Pintos)

Batida do vento
tremola a bandeira  (Celso Emilio Ferreiro)

Berra por vilas e aldeas,
que hai que vinga-la inxusticia  (Ramón Cabanillas)


10)  Identifica a figura literaria que utiliza Curros no seguinte verso:

¡Catedral, demagogo de pedra!


Asíndeto.

Correlación.

Animalización.

Personificación.