A métrica

Un dos aspectos fundamentais no comentario dun texto lírico é a análise métrica, que permite definir a estrutura externa do poema. O verso, que se representa graficamente nunha soa liña, é a unidade menor dun poema. A distribución das sílabas tónicas das palabras de cada verso, a disposición das pausas métricas, o número de sílabas de cada verso e a rima determinan o ritmo musical dun poema.

Nas seguintes páxinas vas estudar como se combinan os versos para formar estrofas e poemas. Xa que logo, a unidade está dividida en tres puntos:

1. A medida dos versos.
2. Tipos de estrofas.
3. Tipos de poemas.

Podes acceder aos contidos sobre métrica para a lírica galega ou para a lírica castelá.