Rosalía de Castro
Actividade de lectura
¡PRA A HABANA!
|
|
IV "¡Ánimo, compañeiros! Toda a terra é dos homes. Aquel que non veu nunca máis que a propia, 20 a iñorancia o consome. ¡Animo! ¡A quen se muda Dio-lo axuda! ¡I anque ora vamos de Galicia lonxe, verés desque1 tornemos o que medrano os robres! 25 Mañán é o día grande, ¡á mar, amigos! ¡Mañán, Dios nos acoche!" ¡No sembrante2 a alegría, no corazón o esforzo, i a campana armoniosa da esperanza, 30 lonxe, tocando a morto! |
|
V Rosalía de Castro, ¡Pra a Habana! (fragmento) |
Imaxe de David Torea Fonte: Flickr |
1 Conxunción en desuso que significa "despois de que", "cando", "así que".
Este é un coñecido poema de Rosalía onde fala da emigración. Como outros moitos poemas seus foi fantasticamente musicado por Amancio Prada. Aquí podes escoitalo:
Tamén podes ver un fragmento do concerto que deu este cantante na Habana aquí:
Tamén é interesante a versión que fixeron os de Fuxan os Ventos dentro do seu disco Noutrora. Aquí está:
Podes, por último, ver o texto íntegro do poema se clicas nesta ligaźon.
- Despois de escoitar estas dúas versións do poema xustifica cal cres que é máis fiel ao orixinal de Rosalía.
- Cal é a que máis che gusta máis? Xustifícao tamén!
- Cal é a voz poética do poema? Hai máis dunha? Lembra indicar onde aparece co número do verso!
Completa o seguinte texto coas palabras que se che ofrecen. Ten en conta que algunhas palabras poden utilizarse máis dunha vez e que outras non cómpre empregalas.
|
Rosalía de Castro |
Rosalía de Castro é a figura máis do galego. Naceu en Santiago de no ano 1837 froito da relación entre a Teresa de Castro e Abadía e dun . As últimas apuntan a que o nome deste relixioso era José Martínez Viojo. creuse que fora pola súa nai e criada por unha súa tía paterna en Ortoño mais todo apunta a que sempre estivo con súa en Padrón. Con dezanove anos coa súa nai a Compostela onde entra en contacto coa mocidade da época a través do Liceo de la Juventud, ao que pertencían persoeiros como Aurelio Aguirre ou Eduardo Pondal. Con eles participa en 1856 no " de Conxo", feito polo cal foi enviada a Madrid a completar a súa formación. Alí con Manuel Murguía dous anos máis tarde, no 1858. O matrimonio viviu en lugares (Madrid, Murcia, Simancas...) debido ao traballo do home etapa en que Rosalía escribirá a meirande parte da súa obra, tamén Cantares (1863) e moitos poemas de Follas (1880). Serán anos duros nos que coñecerán a económica mais tamén persoal ao a morte prematura de dous dos seus fillos. No 1871 regresa a Galicia para rematar vivindo en Padrón, na xa famosa Casa da , onde morrerá anos máis tarde, en 1885. Deixou unha cumprida obra en galego e en castelán polo que pasou a ocupar un lugar nas letras . Dedicóuselle o primeiro Día das Letras Galegas, no ano 1963, coincidindo co primeiro da de Cantares gallegos. |
Escolle a opción correcta no seguinte cuestionario sobre os dous libros de poemas máis coñecidos de Rosalía.
- Rosalía fíxolle unha homenaxe tácita na publicación de Cantares Gallegos ao seu home, Manuel Murguía.
Si
Non
- Que busca Rosalía con Cantares?
Cantar as boas comidas que se poden atopar en Galicia.
Reflexionar sobre o seu papel no mundo que a rodea.
Reivindicar a dignidade de Galicia e dos galegos.
- A estrutura de Cantares baséase en...
Un gaiteiro comeza a tocar e cantar cantigas populares que logo parafrasea.
Ten unha estrutrua aberta.
Ten unha estrutura pechada circular
- Os poemas de temática amorosa de Cantares...
Adoptan maioritariamente unha óptica feminina, moitas veces cun sentimento amoroso inocente e esperanzado.
Reflicten un amor desgarrado e amargado na súa maioría, de quen esa de volta de todo
Case non aparecen poemas de amor
- Segundo o título dos seguintes poemas de Cantares, cal dirías que pode ser a súa temática principal?: "Un repoludo gaiteiro", "Nosa señora da Barca".
Temática patriótica e social.
Temática costumista
Temática amorosa
- Follas novas foi publicado...
Na Habana
En Santiago de Compostela
En Vigo
- Follas novas divídese en...
3 partes
4 partes
5 partes
- O amor no segundo poemario de Rosalía...
Ten un carácter máis festivo ca no anterior.
Ten un caracáter triste e amargurado
Case non hai poemas amorosos e os que contén este poemario son de carácter popular, na liña das cantigas de amigo.
- Dentro do intimismo de Follas novas, pódese atopar unha imaxe literaria que representa o sentir rosalián. Cal é?
Espello cóncavo
Alma doente
Negra sombra
- Cal das seguintes non é unha parte do poemario Follas Novas?
As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos.
Da leira
Varia
A simple vista pódese ver que o poema de Rosalía está composto por diferentes tipos de estrofas. Asocia cada estrofa co seu nome correcto.
| Estrofa | Nome |
| 1ª | |
| 2ª | |
| 3ª |
Escribe a rima das diferentes estrofas. Fíxate se son de arte maior ou menor. Indica se son asonantes ou consonantes.
|
1ª ESTROFA
|
2ª ESTROFA | 3ª ESTROFA | ||||||
| v. 1 | 5+1 | - | v. 17 | 7 | - | v. 31 | 8 | - |
| v. 2 | 6 | a | v. 18 | 7 | a | v. 32 | 7+1 | a |
| v. 3 | v. 19 | v. 33 | ||||||
| v. 4 | v. 20 | v. 34 | ||||||
| v. 5 | v. 21 | v. 35 | ||||||
| v. 6 | v. 22 | v. 36 | ||||||
| v. 7 | v. 23 | v. 37 | ||||||
| v. 8 | v. 24 | v. 38 | ||||||
| v. 9 | v. 25 | v. 39 | ||||||
| v. 10 | v. 26 | v. 40 | ||||||
| v. 11 | v. 27 | v. 41 | ||||||
| v. 12 | v. 28 | v. 42 | ||||||
| v. 13 | v. 29 | |||||||
| v. 14 | v. 30 | |||||||
| v. 15 | ||||||||
| v. 16 | ||||||||
|
Rima
|
Rima | Rima | ||||||
Xa se dixo que a temática do poema ten que ver coa emigración pero, como a enfoca? Ordena a información segundo aparece no poema.
| ESTROFA | O QUE DI | PERSOA |
| 1ª | ||
| 2ª | ||
| 3ª |
Na primeira parte do poema hai unha enumeración que se apoia nun recurso estilístico que se acocha destrás das palabras que faltan no seguinte fragmento. Complétao e indica de que recurso se trata.
os bois,
as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
5
o carro
i as leiras que tiña;
deixárono sóio
coa roupa vestida.
Trátase dunha
Axudándote do dossier de recursos estilísticos tenta explicar a diferenza entre zeugma e elipse tendo como referencia os seguintes versos:
18 Toda a terra é dos homes.
19 Aquel que non veu nunca máis que a propia,
27 ¡No sembrante a alegría,
Recursos estilísticos III
Explica xustificadamente o paradoxo do verso 41: "viudas de vivos".
Este poema caracterízase por ir intensificando paseniñamente a emoción até chegar ao final. Para conseguir este efecto emprega moitas figuras de repetición. Dálles o nome a estas que se atopan na terceira estrofa:
Recursos estilísticos V
Explica por que nestes versos hai unha metonimia.
13 Galicia está probe,
39 E tes corazóns que sufren
Actividade final: redacta o teu comentario
Tras realizar as actividades, recompilaches información suficiente sobre Rosalía de Castro e sobre este poema en particular para realizares un comentario de texto. Redáctao seguindo os seguintes pasos:
- Recompila todo o que aprendiches sobre Rosalía e o seu contexto facendo as actividades.
- Realiza un esquema previo cos puntos principais que vas tratar. Consulta a Guía para o comentario de textos líricos.
- Redacta un borrador, cando menos, do comentario onde poidas introducir correccións e modificacións.
- Escribe o teu comentario tendo especial coidado coa expresión escrita, ortografía e signos de puntuación. Ten en conta que debes redactar un texto coherente e cohesionado, utilizando os organizadores e conectores textuais oportunos.


