Eduardo Pondal
Os pinos
|
Os pinos |
|
"Os pinos", himo de Galicia. Eduardo Pondal
2 De cinguir, rodear, axustar.
3 Ofensa grave de palabra ou obra.
4 Estado da persoa que sente un pracer, ledicia ou admiración tales que lle fan esquecer ou perder a consciencia de todo o demais
6 Idea ou expresión vaga. Neste contexto, preocupacións.
Xa sabes o himno? Esta é unha boa oportunidade para o aprenderes. Aquí tes algunhas versións; se queres podes baixalas e gardalas no teu mp4 para escoitar cando queiras! Seguramente escoitaches moitas veces o himno galego pero non, sabelo? En internet hai moitos sitios onde poder escoitalo; aquí tes algunhas versións:
Versión da Orquestra Sinfónica de Galicia |
Versión instrumental sen letra |
Versión gaita |
Versión Koke |
Tamén tes unhas boas versións nesta ligazón da páxina de Son de Poetas.
Completa o seguinte texto coas palabras que se che ofrecen. Ten en conta que algunhas palabras poden utilizarse máis dunha vez e que outras non cómpre empregalas:
Eduardo Pondal Abente, unha das máximas figuras do
Con trece anos marcha para Santiago de Compostela estudar o Bacharelato e posteriormente a carreira de . Alí entrou en contacto co Liceo de la Juventud e con personalidades como de Castro, Manuel ou Aurelio Aguirre. Con eles participou no trascendental "Banquete de Conxo" que rematou cun brinde poético de Pondal con alto contido revolucionario. Tras licenciarse comeza a traballar de médico en Ferrol no Corpo de Sanidade Militar mais cesa ao pouco tempo para dedicarse completamente á poesía. A partir de aí comeza a alternar a súa residencia entre Ponteceso e A Coruña. Nesta última cidade asiste ao denominado "a Cova Céltica", na librería de Uxío Carré Aldao. Alí foi onde se alicerzou a crenza na celta de Galicia. Nesas reunións o propio Pondal asumía o papel de " da nación galega", marcando o camiño a seguir. Malia dedicar a súa vida á literatura, a súa obra non é moi . Isto débese a un afán moi acentuado que nos últimos anos da súa vida derivou nunha doenza mental. En vida só publicou dous e varios poemas soltos. A súa obra máis importante é Queixumes dos pinos (1886), reelaboración mellorada e corrixida dun libro anterior bilingüe, Rumores de los pinos (1877). Tamén dedicou grande parte da súa vida a escribir e reescribir o poemario Os eoas, que só puido ser publicado no ano 2005 a cargo do profesor Manuel Ferreiro e que conta a odisea de no descubrimento de América. Morreu na Coruña no ano 1917 e está enterrado na Coruña, no cemiterio de Santo Amaro. Dedicóuselle o Día das Galegas no ano 1965. |
Eduardo Pondal |
A creación dun himno é un proceso complexo e que non sempre contenta a todo o mundo: por unha banda a letra e, por outra, a melodía. Coñece mellor como se xestou o himno galego contestando as seguintes preguntas.
- O himno galego estreouse na Habana o 20 de decembro do no ano...
1900.
1912.
1907.
- Quen compuxo a música do himno?
Castro "Chané".
Pascual Veiga.
Manuel Murguía.
- O promotor da creación do himno galego foi...
Curros Enríquez.
Xosé Fontenla Leal.
Eduardo Pondal.
- O primeiro poeta escollido para escribir a letra do himno foi...
Rosalía de Castro.
Curros Enríquez.
Xoán Manuel Pintos.
- Como se referían ao himno antes nos primeiros momentos da súa xestación?
Marcha rexional galega.
Hino Rexional Galego.
Sempre se referiron a el com0 "Hino Galego".
- O orfeón coruñés organizou un concurso para escoller a melodía do himno no ano 1890. A melodía vencedora non foi a que finalmente se escolleu para representar o himno, pero quen gañou este concurso?
Juan Montes.
Ivo Gotós.
Castro "Chané".
- O himno galego tivo unha boa aceptación popular?
Si, partir da súa oficialización no ano 1981.
Non, en ningún momento chegou a callar entre a cidadanía.
Si, dende o mesmo momento do seu nacemento.
- O himno galego foi prohibido...
Durante a ditadura de Primo de Rivera.
Durante a ditadura de Franco, mais permitíase en actos culturais.
Ámbalas dúas son correctas.
- En que ano se fixo oficial o himno?
1981, ano de aprobación de EAG.
1907, cando se estreou.
1975, despois da morte de Franco.
- Que outro elemento importante para Galicia se xestou na emigración?
O Estatuto de Autonomía de Galicia.
A bandeira.
A escolla da capital de Galicia, Santiago de Compostela.
Eduardo Pondal desenvolveu todo un código poético particular e complexo o cal é preciso ter en conta para poder entender o que quere transmitir cos seus poemas. Neste exercicio tenta relacionar cada elemento co seu significado simbólico.
ELEMENTO | SIMBOLOXÍA |
bardo | |
piñeiros | |
aves | |
noite | |
luar | |
crepúsculo | |
mañá | |
anoitecer | |
pasado | |
presente | |
futuro |
Os celtas
Xa vimos que Pondal foi un dos principais ideólogos da orixe celta para Galicia. Con todo, no himno non aparece explicitamente a palabra "celta" por ningures; e implicitamente? Busca información sobre os seguintes elementos:
- bardo
- Breogán
Podes empregar os seguintes sitios web:
Contesta agora as seguintes cuestións.
- En que culturas é frecuente a figura do bardo?
- Cal era a súa función?
- Por que cres que Pondal o trae aos seus poemas?
- Quen era Breogán?
- A que cultura/mitoloxía pertence?
- Conta brevemente a súa historia?
- Porque o himno de Galicia remata coa expresión "nazón de Breogán" (v. 32)?
Coma sempre, se queres podes escribir as túas conclusións nos seguintes procesadores de texto en liña:
Mide todos os versos do poema e completa o seguinte cadro. Cando remates consulta o apartado de métrica e di como se chaman este tipo de estrofas.
ESTROFA | SÍLABAS | RIMA | ESTROFA | SÍLABAS | RIMA |
|
|
|
|||
|
|
||||
|
O ton mítico que emprega Pondal refórzase co uso de epítetos. Fíxate na primeira estrofa e sinala todos os que atopes; a quen son referidos?
- Que din os rumorosos
- na costa verdecente,
- ao raio transparente
- do prácido luar?
- 5 Que din as altas copas
- de escuro arume arpado
- co seu ben compasado
- monótono fungar?
Na terceira estrofa, vv. 17 a 24, que figura retórica aparece? Xustifica a túa resposta e sinálaa exactamente no texto.
Unha antítese.
Unha gradación.
Unha metonimia.
Os versos 16 e 32 acochan dúas figuras estilísticas claras. Sinala cales son e explícaas.
Metonimia e metáfora.
Símil e metáfora.
Apóstrofe e metáfora.
Redacta o teu comentario
Tras realizar as actividades, recompilaches información suficiente sobre Eduardo Pondal e sobre este poema en particular para realizares un comentario de texto. Redáctao seguindo os seguintes pasos:
- Recompila todo o que aprendiches sobre Pondal e o seu contexto facendo as actividades.
- Realiza un esquema previo cos puntos principais que vas tratar. Consulta a Guía para o comentario de textos líricos.
- Redacta un borrador, cando menos, do comentario onde poidas introducir correccións e modificacións.
- Escribe o teu comentario tendo especial coidado coa expresión escrita, ortografía e signos de puntuación. Ten en conta que debes redactar un texto coherente e cohesionado, utilizando os organizadores e conectores textuais oportunos.