A cantiga de escanio e maldicir
Conhocedes a doncela...
Don Foão1, que eu sei que ha preço de livão2,
Afonso Méndez de Besteiros |
Músicos medievais |
2livão: livián, lixeiro, inestable, voluble, pouco reflexivo.
5sol: nada máis, tan pronto como
6liveldade: lixeireza, inestabilidade, volubilidade.
7can que sae de grade: can que escapa correndo/adoecido
- Le con atención a cantiga anterior e identifica a voz poética de maneira xustificada. En que persoa está? A quen cres que corresponde?
- De quen está a falar?
- Fai unha paráfrase do contido de cada cobra.
(Se non sabes que é unha paráfrese -ou calquera outra palabra!- aquí pódente axudar:)
Na "Arte de Trovar", contida no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, diferénciase entre cantiga "de escarnio" e "de maldicir". Tenta identificar cada unha e logo contesta a pregunta seguinte:
As cantigas de
son aquelas que atacan dun xeito indirecto, velado, a persoas ou institucións mediante palabras encubertas, dobres sentidos ou xogos de palabras.Pola súa banda, as cantigas de
, caracterízanse por atacaren directamente, sen dobres sentidos e con palabras claras.A cal dos dous subxéneros pertence a cantiga que abre a unidade didáctica?
Escolle entre as seguintes opcións sobre as orixes das cantigas de escanio e maldicir e le con atención as suxestións.
A orixe destas cantigas só se pode buscar na lírica popular.
A súa orixe só se pode buscar no xénero culto provenzal chamado sirventés.
Estas cantigas arrincan do sirventés provenzal pero mestúranse coa poesía oral autóctona galego-portuguesa xerando un xénero único e descoñecido até a época.
Pódese satirizar e criticar calquera cousa que se nos pase pola cabeza; na Idade Media pasaba o mesmo. Este é un dos motivos polos que as cantigas de escarnio e maldicir son máis difíciles de estruturar e analizar cás anteriores que vimos. Neste exercicio deberás escoller a etiqueta correcta para cada unha das definicións de cantiga que che ofrecemos. Sorte!
- Sátira : nelas deféndense ou atácanse determinadas posicións políticas derivadas dalgúns conflitos que en ocasións tiveron moita importancia no devir histórico. Non deixa de ser curioso que a cantiga máis antiga conservada, "Ora faz ost'o senhr de Navarra", sexa unha sátira deste tipo. Por medio delas podemos saber como, por exemplo, Afonso X, o Rei Sabio, e outros trobadores criticaron a covardía de moitos nobres que abandonaron o devandito rei na guerra de Granada.
- Sátira
Os obxectos de burla eran moi diversos: defectos físicos, sucesos ridículos, vicios...) pero o grupo máis numeroso intégrano as cantigas obscenas: crítica da luxuria de cregos e abadesas, a homosexualidade, as relacións incestuosas, a impotencia, etc. Os ciclos de cantigas dedicadas ás soldadeiras pódense enmarcar neste tipo de sátiras, onde destacan as dedicadas a María Pérez, a Balteira.
: non hai ningún estamento que se librase. Podía estar dirixida a persoas concretas ou a grupos de persoas.Destas últimas abundan as referidas aos infanzóns (membros da baixa nobreza que presumían da súa condidicón pero que se vían sumidos na miseria) e aos ricos-homes (novos ricos de maneiras rudas). - Sátira : inclúense aquí as disputas entre trobadores e xograres, principalemente, tanto no eido interpretativo coma no compositivo.
- Sátira : un pequeno grupo de cantigas non fan unha crítica cantra un personaxe ou calse social concreta senón que se lamenta da perda de valores do mundo presente.
Tendo en conta o visto no exercicio anterior, tenta asociar os seguinte fragmento de cantiga cos seus respectivos subtipos. Xustifica as túas respostas.
Sátira | Sátira | Sátira | Sátira |
Orraca López vi doente un día Afonso Eanes do Cotón |
Quen viu o mundo qual o eu ja vi Martín Moxa |
"De longas vías, mui longas mentiras": Nuno Fernández Torneol |
Jograr Saco, non tenh'eu que fez razón
|
Tendo en conta o que vés de facer, poderías dicir cal é o subtipo da cantiga que abre esta unidade didática?
Tal e como fixemos no na UD dedicada á cantiga de amigo, escribe o esquema métrico da cantiga de Don Foão. Podes consultar aquel exercicio aquí.
Sigue o seguinte modelo:
V1: a; número de sílabas: 13; rima: macho.
V2: ; número de sílabas: ; rima: .
V3: ; número de sílabas: ; rima:
V4: ; número de sílabas: ; rima: .
V5: ; número de sílabas: ; rima: .
V6: ; número de sílabas: ; rima: .
V7: ; número de sílabas: ; rima: .
V8: ; número de sílabas: ; rima: .
V9: ; número de sílabas: ; rima: .
V10: ; número de sílabas: ; rima: .
V11: ; número de sílabas: ; rima: .
V12: ; número de sílabas: ; rima: .
V13: ; número de sílabas: ; rima: .
V14: ; número de sílabas: ; rima: .
V15: ; número de sílabas: ; rima: .
A cantiga de Afonso Méndez Besteiros ten unha estrutura que se basea na repetición, algo que levamos visto ao longo das cantigas medievais que analizamos. Hai un que xa vimos pero que queremos que lembres:
- Como se chaman as cobras que empezan pola mesma palabra ou expresión?
Cobras
Continúa...
Tendo en conta o visto até agora, continúa ti a cantiga cunha cobra máis. Lembra o recurso do paralelismo!
As seguintes ligazóns condúcente a editores de texto en liña.
Calquera destes tres sitios permiten escribir on-line. Incluír unhas pequenas instrucións para o seu uso.
Un dos recursos máis empregados para ridiculizar a alguén, aínda hoxe en día, é a animalización. Na cantiga que abre esta UD bótase man deste recurso e combínase co símil ou comparación.
Identifica xustificadamente estes recursos en cada caso. Lembra empregar os números de verso. Por que cres que emprega estes animais?, que finalidade cres que persegue o autor? Copia as palabras tal cal aparecen na cantiga.
Xustifica por que a animalización é tal.
Animais que aparecen na cantiga:
- , v.
- , v.
- , v.
Animalización:
- , vv. , ,
As cantigas de escarnio e maldicir caracterízanse por empregar con prolixidade os recursos retóricos que se agrupan dentro da equivocatio os cales son, principalmente, a diloxía e a ironía.
Asigna a cada exemplo que se che ofrece o recurso axeitado, sempre de maneira xustificada. Pódesete axudar co noso glosario.
Onde cres que se usarán máis estes recursos, nas cantigas de escarnio ou nas de maldicir?
Ai, dona fea, foste-vos queixar Johan García de Guilhade |
E, meus amigos, par Santa María, Afonso Lopez de Baián |
Actividade final: redacción do comentario
Tras realizar as actividades, recompilaches información suficiente sobre cantigas de escarnio e maldicir e sobre esta en particular para realizares un comentario de texto. Redacta o teu comentario seguindo os seguintes pasos:
- Recompila todo o que aprendiches sobre as cantigas de amor facendo as actividades.
- Realiza un esquema previo cos puntos principais que vas tratar. Consulta a Guía para o comentario de textos líricos.
- Redacta un borrador, cando menos, do comentario onde poidas introducir correccións e modificacións.
- Escribe o teu comentario tendo especial coidado coa expresión escrita, ortografía e signos de puntuación. Ten en conta que debes redactar un texto coherente e cohesionado, utilizando os organizadores e conectores textuais oportunos.