Pranto da Frouxeira
Pranto da Frouxeira
|
Castelo de Castrodouro, Alfoz
|
A min chaman Teodomira, |
Vinte e dous foron chamados
Anónimo (adaptado) |
Este poema fai referencia a un acontecemento histórico que co tempo pasou a simbolizar a resistencia galeguista fronte o poder centralista castelán. Podes escoitar unha versión libre do poema feita polo grupo Luar na Lubre no seu disco Solsticio. Aquí tes unha versión on-line, clica na imaxe para acceder.
A letra, malia ser difícil de entender, é moi doada e breve. Aquí a tes.
O seguinte texto trata sobre os Séculos Escuros, un período fatal na historia da lingua e da literatura galega, de onde parten todos os prexuízos que na actualidade persisten contra Galicia e o galego. Leo e tenta completalo de maneira lóxica. Lembra que hai palabras de máis e que non cómpre utilizar todas as que se che ofrecen.
|
En Galicia, a transición da Media á Moderna foi especialmente debido a que na guerra civil desencadeada á morte de Henrique IV de Trastámara (1474), a galega optou pola herdeira, Xoana a Beltranexa, fronte as pretensións de Isabel a Católica. A vitoria desta última sinala o comezo dos como consecuencia da represión e o esquecemento a que foi sometido o Reino de Galicia. Poucos anos antes, a galega fora moi castigada pola Gran Guerra (1467-1469) onde os nobres galegos se viran na obriga de das súas terras debido ao empuxe do campesiñado que chegou a derrubar un gran número de coa esperanza de conseguir melloras para as clases baixas. Pasado o fragor da batalla, as cousas volveron ao seu e os nobres seguiron a exercer un poder omnímodo. Poucos despois, no ano 1483 o último nobre galego, o Mariscal Pero Pardo de Cela, era na praza de catedral de Mondoñedo despois de ser traizoado por servos seus ao servizo de Isabel a . Conta a lenda que cando a muller do Mariscal viña co perdón real foi entretida na Ponte do Pasatempo por servos do de Mondoñedo, inimigo do Mariscal. O non chegou a tempo e cando a cabeza do Mariscal se separou do corpo, din as testemuñas que mentres caía no cesto ía dicindo "credo, credo, credo". á parte, o certo é que coa súa morte, desaparecía o último reduto de nobreza galega e comezaba un novo tempo en que Galiza ía perder toda a súa autonomía en favor de nobreza foránea e de órganos administrativos a ela. |
|
Os Séculos Escuros representan o período máis pobre da historia da literatura galega: en ningún outro momento se van producir tan poucas obras e vai haber tan poucos autores coñecidos.
Escolle a opción correcta para as seguintes cuestións referidas a este período; axúdate das suxestións.
- Os Séculos Escuros abranguen...
Do século XV ao XIX
Do século XIV ao XVIII
Do século XV ao XVIII
- Relacionada coa anterior, cales son os períodos que enmarcan os Séculos Escuros?
Lírica medieval e Rexurdimento
Lírica medieval e Ilustración
Lírica medieval e Precursores
- Durante os Séculos Escuros...
O galego comezou a desenvolver as súas primeiras gramáticas e dicionarios.
O galego foi resistindo grazas ao traballo silencioso da nobreza autóctona.
O galego fica relegado á oralidade e ao uso cotián mentres outras linguas comezan a desenvolver gramáticas e dicionarios.
- O sintagma "Séculos Escuros" constitúe unha figura retórica, de cal se trata?
Metáfora
Metonimia
Cousificación
Malia todo, nos Séculos Escuros a lingua non desaparece totalmente e como mostra disto conservamos diferentes textos que así o testemuñan. Centrarémonos só nos poéticos.
Tenta asociar cada tipo de poesía cultivada durante os Séculos Escuros coa súa descrición. Debes indicar se se trata de literatura culta ou popular, isto debes sinalalo na columna da dereita.
| Composición anónima que relata a decapitación do Mariscal Pardo de Cela. Na actualidade conservánse varias versións do mesmo feito. |
Poesía |
|
| Extenso poema do 1617 composto en octosílabos polo crego Martín Torrado. É unha defensa de Santiago como patrón de España nun momento en que se especulaba que compartise padroado con Santa Tareixa de Ávila. | Poesía | |
| Soneto anónimo (1530) onde aparece un cabaleiro que lle declara o seu amor a unha típica pastora renacentista. | Poesía | |
| Sonetos feitos ao estilo da moda castelá con motivo do pasamento da esposa de Filipe III no 1611. Consérvanse dúas coposicións: unha de Xoán Gómez Tonel e outra de Pedro Vázquez de Neira. Recóllense no libro dedicado ás exequias da raíña e son de estilo barroco, o imperante na altura. | Poesía | |
| Composición anónima que relata como os turcos saquean Cangas. Este tipo de composicións recollen feitos que impactaron duramente a sociedade galega polo que pasaron a lembrala a través de cantigas. Seguramente houbo moitas máis cantigas pero que polo seu carácter popular e non ser fixadas por escrito, se perderon. | Poesía | |
| Ou vilancicos. Foron moi populares os escritos en galego incluso fóra do reino de Galicia debido ao prexuízo de que o galego era unha lingua rústica, unido á pobreza e afastamento xeográfico de Galicia do resto do reino, propiciou unha trasposición do nacemento de Xesús aun marco galego. Tamén cómpre ter en conta os xogos de palabras entre galego e galileo e Oriente e Ourense que favoreceron o cultivo deste xénero literario na nosa lingua. | Poesía |
O "Pranto Frouxeira" é un poema en que aparecen tres tipos de estrofas diferentes.
Escribe o nome da estrofa e o esquema rítmico de cada unha. Axúdate do exemplo para a 4ª estrofa.
| ESTROFA | TIPO DE ESTROFA | ESQUEMA RÍTMICO |
| 1 |
|
|
| 2 |
|
|
| 3 |
|
|
| 4 |
- g - g |
|
| 5 |
|
|
| 6 |
|
|
| 7 |
|
O poema da Frouxeira conta unha historia dunha maneira moi sintética. Tenta identificar as diferentes partes do poema tendo en conta o que se di en cada unha.
- Cando remates busca información sobre o Mariscal e tenta contrastar o que di a lenda co que di a historia: paréceche que o poema é fiel ao que pasou? Redáctao xustificadamente. Ao final desta unidade didáctica dispós do artigo da Wikipedia dedicado a Pardo de Cela.
- Cos datos históricos de que dispós tenta construír unha pequena historia onde relates de maneira lendaria a historia do Mariscal.
| Inicio |
Preséntase a protagonista da historia, de quen se vai contar algo
|
Versos a |
| Nó |
Nárrase a historia da Frouxeira, como foi vendida e traizoada
|
Versos a |
| Final |
Cóntase como terán que dar conta do que fixeron perante o propio Deus
|
Versos a |
Estamos a ver que o poema é de carácter narrativo e que conta unha historia, non si? Pois vexamos que información nos está a dar.
-
- Completa o seguinte cuestionario cos 7W xornalísticos. Lembra pode haber varias respostas para cada pregunta; de ser así introduce as respostas na orde que están no poema.
Quen?1
- (v. 1), (v. 5), (v. 14), (v. 15), (v. 16), (v. 17), (v. 23), (v. 28).
Onde?
- (v. 4), (v. 7), (v. 9 e v. 27).
Por que?
- (v. 3), / (vv. 19-20).
Cantos?
- (v. 17).
Que?
- (v. 8), (v. 11), (v. 18), / / / (vv. 21-24), / (vv. 27-28).
Como?
- (v. 10), (v. 13).
-
- Como xa te decatarías, falta tan só un ítem: o cando. Pois ben, tendo en conta a información que aparece no texto, redacta ti unha noticia ambientada na actualidade que conteña os 7W. Axúdate dalgunha noticia do xornal e non a fagas demasiado extensa.
Coma no caso da unidade didáctica sobre as cantigas de escarnio de maldicir, podes empregar os seguintes procesadores de texto:
- Como xa te decatarías, falta tan só un ítem: o cando. Pois ben, tendo en conta a información que aparece no texto, redacta ti unha noticia ambientada na actualidade que conteña os 7W. Axúdate dalgunha noticia do xornal e non a fagas demasiado extensa.
| Writebox | Bighugelabs |
1Referímonos a todos os personaxes que aparecen no texto; escríbeos na orde en que van aparecendo e tal e como aparecen no texto. Segue estas indicacións para todas as preguntas.
Un bo comentario poético debe ter en conta os recursos estilísticos xa que neles se asenta gran parte da maxia da poesía. No seguinte listado escolle a opción correcta.
- Neste poema quen fala é a Frouxeira, polo tanto trátase de:
Proposopea.
Etopea.
Prosopografía.
- Cal das seguintes secuencias non constitúe un hipérbato?
os que vendido o han (v. 17)
eles quedan por tredores (v. 21)
máis que un mouro foi traidor (v. 6)
- Que figura estilística se acocha detraś deste verso?
Máis que un mouro foi traidor (v. 6)
Metáfora.
Hipérbole.
Símil ou comparación.
- Que cres que se acocha detrás da cuarta estrofa?
Unha idealización.
Un paradoxo.
Unha sinestesia.
- En cal destes versos hai unha elipse?
Eles quedan por tredores (v. 21)
A min chaman Teodomira (v. 1)
Vinte e dous foron chamados (v. 16)
- Fíxate no seguinte fragmento:
que por treizón son vendida,
derribada na ribeira
ca xamais se veu vencida.
Que relación se establece entre "vendida" e "vencida"?
Eufonía.
Epanadiplose.
Paronomasia.
- No seguinte par de versos hai dúas figuras retóricas, cales son?
Eles quedan por tredores
e seu amo por leal
Encabalgamento e asíndeto.
Zeugma e antítese.
Antítese e aliteración.
- Que figura estilística comparten os seguintes versos:
A min chaman Teodomira / Señora do gran tesouro (vv. 1-2)
Jesús, nosso Redentor (v. 14)
Pero Pardo, meu señor (v. 16)
Apóstrofe.
Pleonasmo.
Epíteto.
- Que figura retórica constitúe o seguinte par de palabras: vendida (v.10) e vendido (vv. 13 e 18)?
Políptoton.
Calambur.
Cacofonía.
- Que figura retórica constitúe o seguinte par de palabras: traidor (v. 6) e treizón (v. 10)?
Diáfora.
Políptoton.
Derivatio.
Xa levamos visto que a morte do Mariscal Pardo de Cela está rodeada de misterio e, en moitos casos, de fantasía. Arredor da súa figura construíuse un mito. Pero...
- Que é un mito?
- Que elementos debe reunir para que unha historia se convirta en mítica?
- O mito é igualmente interpretable por todas as partes? (neste caso o bando de Pardo de Cela, por un lado, e do de Mudarra-Isabel a Católica, por outro).
- Os que acusan de facer unha lectura demasiado benevolente da figura do Mariscal, son obxectivos coa biografía de Isabel, a Católica? (fixémonos no epíteto que acompaña o nome da raíña).
Son moitas as preguntas que cabe facerse aquí. Comentádeas na clase e logo contestade as dúas que seguen.
- Busca información sobre o mito e tenta aplicalo á figura do Mariscal Pardo de Cela.
- Que mecanismos aparecen no poema que achegan a figura do Mariscal ao mito?
- Le o prólogo á obra de teatro O Mariscal, de Ramón Cabanillas e Antón Villar Ponte, onde fala da recepción que agardan que vai ter a súa obra. Pono en relación co que estamos a traballar.
Polo de agora podes consultar o texto do prólogo aquí:

Actividade final: redacta un comentario
Tras realizar as actividades, recompilaches información suficiente sobre o Pranto da Frouxeira e sobre esta en particular para realizares un comentario de texto. Redacta o teu comentario seguindo os seguintes pasos:
- Recompila todo o que aprendiches sobre as cantigas de amor facendo as actividades.
- Realiza un esquema previo cos puntos principais que vas tratar. Consulta a Guía para o comentario de textos líricos.
- Redacta un borrador, cando menos, do comentario onde poidas introducir correccións e modificacións.
- Escribe o teu comentario tendo especial coidado coa expresión escrita, ortografía e signos de puntuación. Ten en conta que debes redactar un texto coherente e cohesionado, utilizando os organizadores e conectores textuais oportunos.
Pardo de Cela
| Pardo de Cela | |
|---|---|
| Mariscal | |
![]() Copia dun lenzo que representa a Pedro Pardo de Cela no Castelo da Frouxeira |
|
| Nome completo | Pedro Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneira |
| Nacemento | c. 1425 Betanzos |
| Falecemento | 17 de decembro de 1483 Mondoñedo |
| Rexente | Reis Católicos |
| Consorte | Isabel de Castro |
| Descendencia | Constanza de Castro e Beatriz |
| Pai | Xoán Nunes Pardo de Cela, o Vello |
| Nai | Teresa (ou Violante) Rodríguez de Aguiar |
Pedro Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneira, coñecido como don Pedro Pardo de Cela, nado en Betanzos cara ao 1425 e degolado en Mondoñedo o 17 de decembro de 1483[1], foi un mariscal galego medieval, decapitado diante da catedral mindoniense por mandato do gobernador do reino nomeado polos Reis Católicos.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Segundo fillo de Xoán Nunes Pardo de Cela, o Vello, comendeiro de bispado de Mondoñedo, e de Teresa (ou Violante) Rodríguez de Aguiar, ao falecer seu irmán herdou as propiedades e privilexios da familia. A súa posición mellora ao casar coa filla do Conde de Lemos, Isabel de Castro, que viñera co seu tío, Pedro Enrique de Castro, bispo de Mondoñedo (1426-1445) á cidade episcopal, onde Pardo de Cela era meiriño, en representación da Casa de Lemos. O bispo deulle en dote de voda todas as rendas do bispado, agás as que necesitaba para o seu sustento. Falecido o bispo en 1445, Pero Pardo trasládase a Viveiro, onde chega a ser alcalde (a mención máis antiga que se ten del é unha sentenza de 1464 en que se titula alcalde de Viveiro e comendeiro do bispado) e en 1474 xa ten o título de Mariscal. Merca a "casa do Carballo de Galdo", cabeza do seu morgado. Adquiriu moitos beneficios por herdanza, matrimonio e concesión real.
Foi pai de Constanza de Castro e de Beatriz:
A revolta irmandiña[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Revolta irmandiña.
A pesar de que a historiografía galeguista chegase ao extremo de facer del un irmandiño, o certo é que foi un dos seus máis acérrimos inimigos e tivo que fuxir de Galiza até a restauración nobiliaria. Da súa ferocidade dá conta a famosa frase referida por Pedro Paxariño no preito Tabera - Fonseca, onde Pardo de Cela lle di ao Conde de Lemos que aforque todos os seus servos:
Ao finalizar a revolta co restabelecemento da nobreza e da Santa Irmandade, aínda ficaron preitos pendentes, en 1467 a Condesa de Santa Marta queixábase á irmandade:
En 1469 o Concello de Viveiro envía unha relación ao rei, na que se queixan da violencia dos nobres:
A guerra de sucesión[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Guerra de Sucesión Castelá.
Á morte de Henrique IV de Castela, a maioría da nobreza castelá apoiou a causa de Isabel de Castela, acusando á filla do rei Xoana de ser filla ilexítima de Beltrán de la Cueva e alcumándoa la Beltraneja. A nobreza galega en xeral apoiou á herdeira máis lexítima que ademais supoñía a unión dos reinos de Castela e Portugal fronte á unión con Aragón. Pardo de Cela, xunto coa súa familia política e o bispo Alonso I de Fonseca, puxéronse da parte de Isabel e parece que o mariscal chegou a combater en Zamora. Participou tamén xunto a Fonseca no cerco a Pontevedra de 1476.
O enfrontamento coa coroa[editar | editar a fonte]
O seu apoio a Isabel a Católica contra a pretendente lexítima Xoana a Beltranexa foi axiña recompensada pola nova raíña ratificando todos os seus privilexios e sendo confirmado no seu cargo de alcalde de Viveiro. Pero o mariscal non ía acomodarse á política de control da nobreza dos novos reis e logo entrou en conflito con eles. No 1476 é destituído da alcaldía polos Reis Católicos. O 10 de xuño de 1478 os reis comínano a satisfacer as súas débedas coa coroa inmediatamente e o 26 dese mes Fernando de Aragón prohíbelle construír fortalezas, utilizar portos e entrar en Viveiro e na súa comarca, baixo pena de confiscación. Ese mesmo ano os Reis Católicos escriben aos concellos de Santa Marta de Ortigueira e Mondoñedo para que non o deixen entrar nas súas lindes. É neste clima de enfrontamento cos cidadáns e coa coroa que chega a Galiza en 1480 Fernando de Acuña con ordes claras de pacificar o reino e restabelecer os dereitos usurpados, como lle escribiu a raíña ese mesmo ano:
Asustado ante o perigo que corre a súa vida, pide unha carta de "seguro e amparo" aos Reis e refúxiase na Fortaleza da Frouseira, onde se fai forte e derrota decote ás tropas castelás e ás "hermandades", comandadas por Acuña e Luis de Mudarra. A raíña confirma en carta a Fernando de Acuña o 4 de novembro de 1480 a fidelidade do seu vasalo:
Aínda así a súa persecución continúa. En 1483 cae a fortaleza da Frouseira e o 7 decembro é detido na casa de Fonsa Yáñez en Castrodouro (no actual concello de Alfoz, Lugo) e lévano preso a Mondoñedo, onde dez días despois lle cortan a cabeza "por cruel e poderoso", segundo palabras do Poder Real.
A causa da súa morte non fica clara. A tradicional atribución a unha vontade explícita dos reis non está documentada, o que levou a algúns estudosos a atribuíla a enfrontamentos coa nobreza local que naquel momento apoiaba a Acuña (e que tiña moitos asuntos pendentes co mariscal). Xa as crónicas da época insinúan a situación de Acuña aínda que sen deixar claro quen apoiaba a quen:
Isto apoia a teoría de que Acuña, incapaz de controlar o territorio aproveitou un momento de debilidade dos seus opoñentes coa morte do Conde de Lemos para dar un golpe de forza e intentar subxugar á nobreza rebelde. Isto concorda co feito de que Fernando de Acuña foi deposto do seu cargo a comezos do ano seguinte, aínda que non perdeu a confianza dos reis e acabaría os seus días como vicerrei en Sicilia.
A figura do mariscal é unha das máis mitificadas da Historia de Galicia. Moitas veces foi usada como símbolo de resistencia da nobreza galega fronte á castelá, visión que a historiografía deu como simplificada por demais. Da mesma forma, tamén o é a intención de facer do mariscal un criminoso sen escrúpulos. Pardo de Cela era un personaxe normal no seu contorno: A nobreza galega da época que dubidaba entre a unión con Portugal ou con Castela e que intentaba extorquir aos servos de tal forma que deu lugar ás revoltas irmandiñas.
A lenda[editar | editar a fonte]
Segundo a lenda os mandatarios reais tramaron a traizón da Frouseira ante a imposibilidade de poder conquistala. A Pardo de Cela teríano vendido os 23 criados que defendían a fortaleza. Os "cantares" din que o traidor foi Roi Cofano do Valadouro. A rexa loita durante tres anos na Frouseira, a traizón dos criados e o degolamento, coas semellanzas á morte de Xesús, convérteno axiña en "mito" e comeza a ser trobado en feiras e mercados.
Jesús, nosso Redentor,
e por questes treydores,
A Ponte do Pasatempo[editar | editar a fonte]
Non obstante, a lenda máis tradicionalmente asentada en torno á execución do Mariscal, di que a súa muller, Isabel de Castro traía con ela o perdón real cando foi entretida nun lugar coñecido coma a "ponte do pasatempo" polas xentes do bispo de Mondoñedo, inimigo do Mariscal. Porén, a execución estaríase a consumar e a cabeza do mariscal, xa desprendida do corpo, estaría a rodar polos banzos do cadafalso, mentres os seus beizos aínda pronunciaban as verbas "credo, credo, credo"[11].
Actualmente, a ponte do pasatempo é aínda un lugar visitado de Mondoñedo e a lenda en torno á morte do Mariscal ten feito correr ríos de tinta en forma de poemas, cancións, novelas, ensaios histórico-lendarios e análises científico-históricas destinados a esclarecer que parte podería ter de verdade a lenda de Pardo de Cela.
A tumba do mariscal[editar | editar a fonte]
O único que sabemos dos últimos meses do Mariscal é grazas á chamada "Relazón da carta executoria" (da cal existen tres versións, dúas en galego e unha en castelán). Unha Relazón foi atopada no pazo dos Taboi, concello de Outeiro de Rei, e escrita con case toda seguridade por un membro da familia dos Saavedra, aló polo ano 1515.
Nese texto, exprésase a propósito do seu soterramento:
Parece que foi exactamente así como di a "Relazón" pois, ao facer unhas obras na catedral mindoniense o día 16 de marzo de 1965, quedou ao descuberto unha sepultura co escudo de armas do Mariscal e coa inscrición Pardo de Cela arno de Viveiro no mesmo sitio que sinala o documento. Levantada a lápida, apareceron tres cranios cos ósos correspondentes e, debaixo deles, os restos do citado arcediago, Xoán Pardo de Cela, que morreu no 1613.
Como sinala o doutor Enrique Cal Pardo no prólogo do libro "Mito do Mariscal" é evidente a relación familiar dos restos do Mariscal e do seu fillo coa tumba do arcediago se engadimos que ademais se atopou unha moeda coa efixie de Henrique IV –segundo testemuño do doutor D. F. Mayán, presente durante a apertura da tumba-. Evidentemente esta moeda non podía ser do arcediago.
Co gallo destas obras trasladouse a lápida do Mariscal a outro sitio da Catedral mindoniense. Concretamente púxose enfronte da capela da Virxe Inglesa. Durante este traslado deteriorouse a lápida: aínda hoxe ten cemento enriba e na actualidade é ilexible. A colocación orixinal da tumba era xunto ao Pulpito do Evangeo, e porta da Capela mor da Catedral segundo a familia Saavedra.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ou o 3 de outubro, segundo o testamento presentado en 2013
- ↑ Vasco da Ponte Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia. Parágrafo.180
- ↑ Vasco da Ponte Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia Par.114
- ↑ Preito Tabera - Fonseca, Folio 341
- ↑ Archivo Histórico Nacional, diversos, Colección diplomática Ed. Pardo de Guevara y Valdés: Notas para una relectura del fenómeno hermandino de 1467
- ↑ Archivo Histórico Nacional, diversos, Colección diplomática Ed. Villaamil y Castro "El Mariscal Pardo de Cela", en Galicia Histórica, I páxinas 83-98
- ↑ L.Fernández Vega, La Real Audiencia de Galicia Deputación Provincial de A Coruña, 1982 pp8-9
- ↑ Historia de Galicia, Via Láctea Volume III páx. 317
- ↑ Vasco da Ponte Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia
- ↑ O Marechal Pero Pardo de Cela.
- ↑ A execución do Marechal Pero Pardo de Cela.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- O mito do Mariscal Pardo de Cela : historia, lendas e literatura, Meilán García, Antonio José, Asociación Cultural O Mundo de Galea (2004) ISBN 8460911284
- Pardo de Cela y Galicia, Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo José Alvarellos Editora Técnica (1981) ISBN 84-85311-39-6
- O Mariscal Pardo de Cela e o seu tempo : I Xornadas de Estudios Medievais da Mariña Central, celebradas do 4 ó 7 de decembro de 2004 en Alfoz, Xornadas de Estudios Medievais da Mariña Central, Deputación Provincial de Lugo. Servicio de Publicacións (2006) ISBN 84-8192-344-3
- Recuento de las casas antiguas del reino de Galicia,Vasco da Ponte . Xunta de Galicia. 1986 ISBN 8450533899
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Britonia
- Ideas sobre a súa vida (en castelán)
- Páxina oficial da ruta "Pardo de Cela"
- Mitos da historiografía galeguista por Carlos Barros, Universidade de Santiago de Compostela, con ampla información
- O mariscal Pardo de Cela e a igrexa mindoniense, en pdf (en castelán)
- Brasón dos Pardo de Cela
- Estudo de Montserrat Ribao Pereira do drama inédito El Mariscal Pedro Pardo de Emilia Pardo Bazán






