Poesía introspectiva

Penélope

       Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
       i a tea dos teus sonos non se move.
       A espranza nos teus ollos se esperguiza1.
       Aran os bois e chove.

5     Un bruar2 de navíos moi lonxanos
       che estrolla3 o sono mol como unha uva;
       pro tí envólveste en sabas de mil anos
       i en sonos volves a escoitar a chuva.

       Traguerán os camiños algún día
10   a xente que levaron: Deus é o mesmo.
       Suco4 vai, suco vén, Xesús-María!,
       e toda cousa ha de pagar seu desmo5.

       Desorballando os prados coma sono
       o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
15   Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
       Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

 

Sucos cultivo xirasol

Sucos                        

http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Surcos_en_Cultivo_de_Girasol.JPG?uselang=es                        

Xosé María Diaz Castro, Nimbos (1961)

 

1 Espreguizar. Facer saír da preguiza, facer que [alguén] se poña en actividade.

2 [Boi ou outro animal] emitir a súa voz. 2 Fig. [Vento, mar] facer moito ruído

3 Estrullar. Apertar [unha cousa] moi fortemente ata reducir o seu volume, extraer o que ten dentro ou magoala.

4 Fenda que se fai na terra co arado, legoña etc. Rego.

5 Dereito do dez por cento que se pagaba ao rei sobre o valor das mercadoreías que se traficaban e chegaban aos portos, ou entraban e pasaban dun reino a outro.

 

Como xa saberás, Xosé María Díaz Castro é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 2014. Este é o seu poema máis coñecido e nel establécese un paralelismo entre Galicia e o personaxe mítico de Penélope.

  • Nesta ligazón busca información sobre Penélope.
  • Por que cres que é pertinente o paralelismo entre Galicia e Penélope?
  • Sobre que dous recursos estilísticos se constrúe o poema?
Biografía de Díaz Castro

Completa o seguinte texto coas palabras que se che ofrecen. Ten en conta que algunhas palabras poden utilizarse máis dunha vez e que outras non cómpre empregalas:

Díaz Castro. Foto tirada da páxina da RAG.

Xosé María Díaz Castro
Fonte: http://www.realacademiagalega.org/novas/-/asset_publisher/E4jf/content/id/154680

Poeta e natural da parroquia dos Vilares (Guitiriz), onde naceu no seo dunha familia en febreiro de 1914, morou grande parte da súa vida en Madrid, onde se desempeñou como funcionario público. Retornou á súa terra a principios da década dos oitenta do século pasado. Daquela puxo casa na vila de Guitiriz, onde morreu en outubro de 1990.

Ós 17 anos ingresou no de Mondoñedo e cando saíu en 1936, exerceu de profesor de Ensinanza Media en de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a coa traducción no Ministerio da Gobernación.

Escribiu os primeiros versos ós anos e o seu primeiro poema publicouno ós na revista "Lluvia de rosas" (Tarragona) da que foi colaborador. Desde Madrid publicou poemas na revista "Alba". A súa produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego. Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid. En 1946 publicou Nascida dun sono e El cántico de la ciudad e en 1961 , a súa obra máis importante. Publicou, ademais, ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos, de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía.

A RAG escolleuno para lle dedicar o Día das Letras Galegas no ano 2014.

A historia de Penélope

Na mitoloxía clásica ocupan un lugar destacado Ulises e Penélope grazas á Odisea, obra de Homero. Completa as seguintes cuestións coas palabras correctas; se premiches nas ligazóns que se che propuxeron non terás problema ningún.

é o símbolo universal da conxugal.  A súa historia é a seguinte:

Cando se declara a guerra, Ulises (na versión romana e na grega)  debe partir de para defender os intereses de Grecia fronte a Troia. Nela, demostra a súa astucia e ao propoñer a construción do famoso " de Troia" que, á postre, sería o que lles dese a vitoria sobre os troianos. Entretanto, Penélope agardaba no seu mentres tecía un sudario para cando falecese o antigo rei, , pai de Ulises. A súa fermosura era tan radiante que, ante a tardanza do seu marido que se daba por morto, recibía moitos os cales desbotaba un tras doutro. Como seu pai quería que casase, ela ideou unha condición: casaría cando aceptase a morte de Ulises e faríao cando de tecer o sudario para Laertes. Para prolongar a espera sen límite, Penélope de noite o que tecía de día. Así estivo vinte anos até que as súas se decataron do engano. Entón ideou outro plan: casaría con quen fose capaza de o arco de Ulises: todos os pretendentes fracasaron agás un pobre que resultou ser o propio Ulises.

  
Escolle a opción correcta

Seguindo a Ferrín, Díaz Castro pertence á Xeración de 1936, coma Celso Emilio, mais as súas poéticas son ben distintas. Tenta responder as seguintes cuestións para te faceres unha idea máis aproximada da súa escrita.

  • Xosé María Díaz Castro é un poeta cunha forte tendencia social-realista.
Verdadeiro Falso
  • Tan só publicou un poemario en galego.
Verdadeiro Falso
  • As súa obra caracterízase pola reflexión sobre o destino humano a través da preocupación existencial e relixiosa.
Verdadeiro Falso
  • No poema "Penélope" reflexiona sobre Galicia e a esperanza frustrada dun futuro mellor para ela.
Verdadeiro Falso
  • É moi frecuente atopar nos seus versos expresións como "lus", "lapa", "lumen", "resplandor", "lóstrobo"... que denota luz.
Verdadeiro Falso
Versos e estrofas

Le o poema e completa a súa estrutura no seguinte cadro: número de sílabas, de versos, rima asonante ou consonante (1), rima abrazada ou encadeada (2) e nome das estrofas.

VERSO Nº DE SÍLABAS RIMA
1 A
 2
 3
 4
 5
 6
 7
 8 D
 9
 10
 11
 12
 13
 14 H
 15
 16

 

 RIMA (1) RIMA (2) NOME DAS ESTROFAS
  
Estrutura I

Completa o seguinte verso (é o último) e contesta as seguintes cuestións:

  1. Onde aparecera antes?
  2. Que pequena diferenza atopas entre un e outro?
  3. Que nome recibe este tipo de estrutura?
  4. Cres que se xustifica tendo en conta o contido do poema?

Para contestares pódeste axudar dos seguintes procesadores de texto:

 Bighugelabs

 Writebox

  
Estrutura II

O poema baséase en múltiples estruturas bimembres que lle confiren ao poema un ritmo particular. Tenta atopar cando menos tres destas estruturas e logo contesta as preguntas.

  1.  Que tipo de movemento che suxiren estes fragmentos?
  2. Relaciónao co contido do poema.

 

  

Actividade final: redacta o teu comentario

Tras realizar as actividades, recompilaches información suficiente sobre Xosé María Díaz Castro e sobre este poema en particular para realizares un comentario de texto. Redáctao seguindo os seguintes pasos:

  1. Recompila todo o que aprendiches sobre a poesía do autor facendo as actividades.
  2. Realiza un esquema previo cos puntos principais que vas tratar. Consulta a Guía para o comentario de texto líricos.
  3. Redacta un borrador, cando menos, do comentario onde poidas introducir correccións e modificacións.
  4. Escribe o teu comentario tendo especial coidado coa expresión escrita, ortografía e signos de puntuación. Ten en conta que debes redactar un texto coherente e cohesionado, utilizando os organizadores e conectores textuais oportunos.