Manuel Curros Enríquez
O maio
O MAIO
| Aquí ven o maio De frores cuberto... Puxéronse á porta Cantándome os nenos; 5 E-os puchos1 furados Pra min estendendo, Pedíronme crocas2 Dos meus castiñeiros. Pasai, rapaciños, 10 Calados e quedos; Co que é polo de hoxe Que darvos non teño. Eu son volo probe Do pobo galego: 15 Pra min non hai maio, ¡Pra min sempre é inverno!... |
Cando eu me atopare De donos liberto E o pan non me quiten 20 Trabucos3 e préstemos, E coma os do abade Frorezan meus eidos, Chegado habrá estonces O maio que eu quero... 25 Queredes castañas Dos meus castiñeiros?... Cantádeme un maio Sin bruxas nin demos: Un maio sen segas, 30 Usuras4 nin preitos5. Sin quintas6, nin portas, Nin foros7, nin cregos. |
Maio florido |
Manuel Curros Enríquez, Aires da miña terra
1 Peza de vestir para cubrir a cabeza, sen viseira, e que xeralmente ten aba
2 Froito do castiñeiro. Castaña.
3 Pop. Cantidade que o cidadán paga para contribuír aos gastos públicos
4 1Xuro superior ao establecido pola lei ou polo uso. 2 Actividade de quen presta diñeiro a un prezo abusivo.
5 Disputa xudicial entre dúas ou máis partes.
6 Promoción anual de soldados.
7 Contrato esencialmente agrario de longa duración ou mesmo perpetuo, polo cal unha persoa ou institución lle cede a outra o uso dun ben a cambio dunha renda e cunhas condicións estipuladas.
- Este é un dos poemas máis coñecidos de Curros Enríquez, un dos integrantes da "Triple Coroa" do Rexurdimento galego, pero podería explicar que é iso da Triple Coroa? Xustifica esta expresión.
- Cal dirías ti que é a temática deste poema: costumista ou social? Razoa a resposta.
- É difícil entender a poesía sen a música, e viceversa e este poema non ía ser menos. Aquí tes dúas versións ben diferentes da obra de Curros. Escoita as dúas e tenta poñelas en relación coa actividade anterior: a que temática asociarías cada versión? Por que?
|
Versión de Luís Emilio Batallán |
- Dentro da temática aparece unha visión anticlerical. Fíxate nas palabras que teñen relación coa igrexa e xustifica esta visión.
Completa o seguinte texto coas palabras que se che ofrecen. Ten en conta que algunhas palabras poden utilizarse máis dunha vez e que outras non cómpre empregalas.
|
Naceu en Celanova, en 1851, de onde á idade de quince anos por mor das relacións familiares debido ao carácter de seu pai. Instalouse en Madrid a fins de 1866, cidade en que se fixo bacharel e comezou a carreira de , ao tempo que se implicaba na vida política e colaboraba na prensa madrileña polo que puido coñecer de primeira man os acontecementos políticos da I República. De feito, traballou como no País Vasco na derradeira guerra onde houbo de morrer por mor dun accidente. Nesta etapa é na que a súa ideoloxía que logo tentará poñer en práctica en Galicia e que o achegará aos rexionalistas. No ano 1877 establécese en Ourense e comeza a traballar como
na Delegación de Faceda. Nese mesmo ano preséntase a un concurso literario nesa mesma cidade con tres composicións: "A Virxe d'o Cristal", "O gueiteiro" e "Unha boda en Einibó". Gáñao e seguramente este éxito o animase a seguir escribindo polo que, tres anos máis tarde saca do
a súa obra máis importante Aires da miña terra (1880). Este
tivo moi boa acollida (foi reeditado tres veces até 1886), en gran medida pola sona que lle forneceu a
do bispo de Ourense tachando o seu libro de
, blasfemo e escandaloso. Pedía a
do autor e o cárcere, do que se librou en segunda estancia. no seu posto de Facenda en 1883, Curros volveu instalarse en Madrid onde volveu traballar como , primeiro en El Porvenir e despois en El País. Neses anos foi ultimando O divino sainete, que sairía finalmente do prelo en 1888. As cousas non lle foron moi ben nesta segunda etapa madrileña e optou por marchar para
con 43 anos, en 1894. Alí traballou como xornalista dirixindo varios rotativos e traballou de maneira
para fundar a Academia Galega. A súa postura a favor da
cubana suscitoulle novamente moitas
polo que regresou a Galicia en 1904 para tentar, sen éxito, establecerse na Coruña. Alí foi recibido con
e fixéronlle unha segunda homenaxe. Malia todo, non atopou ningunha axuda para quedar en Galicia polo que regresa a Cuba onde morre en 1908.
|
Manuel Curros Enríquez |
O seguinte cuestionario sobre o Rexurdimento é válido tamén para Rosalía e Pondal. Ponlle ollo e a ver se atopas as respostas correctas!
- O Rexurdimento xorde por influencia do ideal romántico que chega con retraso a Galicia.
- A Primeira República, de 1873 durará once anos.
- O Rexionalismo alicérzase en Galicia no Provincialismo e, á súa vez, dá lugar posteriormente ao Nacionalismo.
- Nesta época é cando se tenta aclara o pasado histórico de Galicia e é cando nace o celtismo.
- O Rexurdimento é un movemento eminentemente dramático.
- Os autores do Rexurdimento tiñan un coñecemento moi profundo da tradición literaria galego-portuguesa.
- A posta en valor da literatura popular é algo consubstancial ao romanticismo.
- A primeira novela galega que se escribiu foi Maxina ou a filla espúrea.
- En 1867 o Gobernador da Coruña publicou no Boletín da Provincia unha Real Orde de Isabel II que prohibía levar á escena pezas escritas noutra lingua que non fose o español.
- Valentín Lamas Carvajal escribiu O catecismo do labrego, o maior fracaso editorial galego de todos os tempos.
O poema de Curros ten un esquema métrico uniforme e constante. Mide todos os seus versos, sinala a rima, di se é asonante ou consonante e di que nome recibe este tipo de poemas (axúdate da guía que aparece no apartado de Métrica).
| VERSO | MEDIDA | RIMA | VERSO | MEDIDA | RIMA | |
| v. 1 | 6 | - | v. 17 | |||
| v. 2 | v. 18 | |||||
| v. 3 | v. 19 | |||||
| v. 4 | v. 20 | Versos | ||||
| v. 5 | v. 21 | |||||
| v. 6 | v. 22 | |||||
| v. 7 | v. 23 | Rima | ||||
| v. 8 | v. 24 | |||||
| v. 9 |
v. 25 |
|||||
| v. 10 | v. 26 | Trátase dun | ||||
| v. 11 | v. 27 | |||||
| v. 12 | v. 28 | |||||
| v. 13 | v. 29 | |||||
| v. 14 | v. 30 | |||||
| v. 15 | v. 31 | |||||
| v. 16 | v. 32 |
Tenta localizar no poema unha anáfora.
Aparece nos versos e .
Sinala de que recurso retórico se trata en cada caso:
- Nos versos 25 e 26 hai...
25 Queredes castañas
Dos meus castiñeiros?...
Un políptoton.
Unha paronomasia.
Unha antítese.
- Nos versos 21 e 22 hai...
E coma os do abade
Frorezan meus eidos,
Un símbolo.
Unha diloxía.
Unha comparación.
- Nos versos 19 e 20 vese...
E o pan non me quiten
20 Trabucos e préstemos,
Un paradoxo.
Unha personificación.
Unha cousificación.
- Que recursos estilísticos se acochan detrás dos versos 27 a 32?
Cantádeme un maio
Sin bruxas nin demos:
Un maio sen segas,
30 Usuras nin preitos.
Sin quintas, nin portas,
Nin foros, nin cregos.
Asíndeto e aliteración.
Polisíndeto e enumeración.
Polisíndeto e comparación.
Recursos estilísticos III
Unha das figuras retóricas máis rendibles poeticamente é a metáfora. Neste poema de Curros aparecen dous elementos antitéticos que no poema posúen uns valores metafóricos especiais aparellados: maio (v. 15) e inverno (v. 16).
- Asígnalles cadanseu significado para facer máis comprensible a mensaxe xeral do poema.
- Faino por escrito e tenta xustificar a túa escolla.
Xustifica por que o poema ten unha estrutura circular. Para te axudar, completa o seguinte verso:
Actividade final: redacta o teu comentario
Tras realizar as actividades, recompilaches información suficiente sobre Curros Enríquez e sobre este poema en particular para realizares un comentario de texto. Redáctao seguindo os seguintes pasos:
- Recompila todo o que aprendiches sobre Curros e o seu contexto facendo as actividades.
- Realiza un esquema previo cos puntos principais que vas tratar. Consulta a Guía para o comentario de líricos.
- Redacta un borrador, cando menos, do comentario onde poidas introducir correccións e modificacións.
- Escribe o teu comentario tendo especial coidado coa expresión escrita, ortografía e signos de puntuación. Ten en conta que debes redactar un texto coherente e cohesionado, utilizando os organizadores e conectores textuais oportunos.
