Lírica galega
A MÉTRICA GALEGA
1. O VERSO: CÓMPUTO SILÁBICO E RIMA
O verso é a unidade menor dun poema que se representa graficamente nunha soa liña sen ocupar todo o renglón. O ritmo do verso conséguese mediante unha axeitada distribución das sílabas tónicas, as pausas métricas, o número de sílabas e a rima.
1.1. O CÓMPUTO SILÁBICO
Medir un verso consiste en contar o número de sílabas métricas que o integran, tendo en conta que estas non coinciden coas sílabas gramaticais. Por iso se deben coñecer estas normas básicas relacionadas co acento da última palabra de cada verso:
- Se o verso remata en palabra aguda ou monosílaba: cóntase unha sílaba máis. Observa esta estrofa de Helena Villar Janeiro:
| ¿Como será o seu cantar? ¿Onde buscará o xantar? |
7+1=8 |
- Se o verso remata en palabra esdrúxula: réstase unha sílaba:
"E nas purpúreas clámides" (9-1)=8 (Eduardo Pondal)
- Se o verso remata en palabra grave o número de sílabas métricas e gramaticais será o mesmo, polo que non se debe restas nin engadir nada.
Ademais, hai outros fenómenos métricos ou licenzas que condicionan a medida dos versos:
- SINALEFA: unión nunha soa sílaba métrica da vogal final dunha palabra coa vogal inicial da palabra seguinte. Esta licenza métrica aparece con moita frecuencia.
- SINÉRESE: unión nunha única sílaba métrica de dúas vogais que forma hiato nunha palabra.
- DIÉRESE: división dun ditongo en dúas sílabas métricas.
- HIATO: ruptura dunha sinalefa, ben porque unha das vogais está acentuada, ben por unha cesura*.
1.2. CLASIFICACIÓN DOS VERSOS SEGUNDO O SEU NÚMERO DE SÍLABAS
Son versos de arte menor aqueles que miden entre dúas e oito sílabas métricas, mentres que aqueles que miden nove ou máis son versos de arte maior. Por outra banda, distinguimos os versos simples dos compostos. A partir de doce sílabas métricas, os versos son compostos. Estes versos divídense en dúas partes denominadas hemistiquios, separadas por unha pausa ou cesura. Entre os dous hemistiquios dun verso composto a cesura non permite facer sinalefa. Nos versos alexandrinos é obrigatoria a presenza da cesura debido á súa gran lonxitude. Fíxate nestes versos de Ramón Cabanillas tirado de Na noite estrelecida:
"Ó romper novo día, a barca milagreira
atracou antre as laxes dunha nova ribeira."
|
VERSOS DE ARTE MENOR |
VERSOS DE ARTE MAIOR | ||
|---|---|---|---|
|
Nº DE SÍLABAS |
NOME DO VERSO |
Nº DE SÍLABAS |
NOME DO VERSO |
|
2 sílabas |
BISÍLABOS |
9 sílabas |
ENEASÍLABOS |
|
3 sílabas |
TRISÍLABOS |
10 sílabas |
DECASÍLABOS |
|
4 sílabas |
TETRASÍLABOS |
11 sílabas |
HENDECASÍLABOS |
|
5 sílabas |
PENTASÍLABOS |
12 sílabas |
DODECASÍLABOS |
|
6 sílabas |
HEXASÍLABOS |
13 sílabas |
TRIDECASÍLABOS |
|
7 sílabas |
HEPTASÍLABOS |
14 sílabas |
ALEXANDRINOS |
|
8 sílabas |
OCTOSÍLABOS |
|
|
A rima consiste na coincidencia total ou parcial de sons entre dous ou máis versos a partir da última vogal acentuada. Existen dous tipos de rima:
- RIMA CONSONANTE: repítense todos os sons (vocálicos e consonánticos) a partir da última vogal acentuada.
"Xenio leyal d'a independenza nosa,
Por ela batallou; man homicida
Con infame treicion quitoulle a vida:
¡Martir foi n'ista terra xenerosa!" Valentín Lamas Carvajal
RIMA ASONANTE: repítense só os fonemas vocálicos, sen ter en conta as consonantes. Tampouco contan as vogais débiles nos ditongos nin a penúltima vogal das palabras esdrúxulas.
Para sinalar a rima entre dúas ou máis versos utilízase unha letra (seguindo a orde do abecedario) que se escribirá en maiúscula se os versos son de arte maior e en minúscula se son versos de arte menor. Cando os versos non riman indícase mediante un guion (-). Podemos distinguir tres tipos de versos que non riman:
VERSOS SOLTOS: aparecen en poemas nos que outros versos si riman, como, por exemplo, os romances.
VERSOS BRANCOS: constitúen poemas cuxos versos teñen o mesmo número de sílabas (isométricos) pero non riman.
VERSOS LIBRES (VERSÍCULOS): poemas constituídos por versos de diferente medida e sen rima, nos que o ritmo apóiase no emprego especial da lingua. Utilizados na poesía contemporánea.
1.4. O ESQUEMA MÉTRICO
Tras realizar o cómputo silábico e sinalar a rima dunha estrofa ou poema obteremos o esquema métrico da devandita composición. Observa o exemplo:
| "Lúas de vrau e neve van cobrindo os curutos espidos dos outeiros. Fouciños de luares montañeiros, arcanxos malvazul lle van xunguindo." |
11A 11B 11B 11A (Pura Vázquez) |
2. A ESTROFA
Os versos combínanse entre si para formar estrofas e poemas. Unha estrofa é un conxunto de dous ou máis versos cunha estrutura rítmica fixa determinada polo número de sílabas dos versos e pola súa rima. Segundo o número de versos que as forman, as principais estrofas son:
|
Nº versos |
Estrofa |
Nº sílabas |
Rima |
Arte |
Esquema métrico |
|---|---|---|---|---|---|
|
DOUS VERSOS |
Pareado |
Asonante/consonante |
Maior/menor |
AA, aa, Aa, aA |
|
|
TRES VERSOS |
Terceto |
Hendecasílabos encadeados |
Consonante |
Maior |
ABA- BCB- CDC... |
|
Tercerilla |
Arte menor |
Consonante |
Menor |
a-a |
|
|
Soleá ou soledad |
Octosílabos encadeados |
Asonante |
Menor |
a-a |
|
|
CATRO VERSOS |
Cuarteto |
Hendecasílabos |
Consonante |
Maior |
ABBA |
|
Redondilla |
Octosílabos |
Consonante |
Menor |
abba |
|
|
Cuarteta |
Octosílabos |
Consonante |
Menor |
abab |
|
|
Serventesio |
Hendecasílabo |
Consonante |
Maior |
ABAB |
|
|
Cuaderna vía |
Alexandrinos |
Consonante |
Maior |
AAAA |
|
|
Copla |
Octosílabos |
Asonante |
Menor |
-a-a |
|
|
Seguidilla |
Heptasílabos Pentasílabos |
Asonante |
Menor |
7- 5a 7- 5a 7a 5b 7a 5b |
|
|
CINCO VERSOS |
Quintilla |
Arte menor |
Asonante/consonante |
Menor |
aabab, aabba, abaab, ababa, abbab |
|
Quinteto |
Arte maior |
Consonante |
Maior |
Igual que a quintilla |
|
|
Lira |
Heptasílabos / Hendecasílabos |
Consonante |
Maior/menor |
7a 11B 7a 7b 11B |
|
|
SEIS VERSOS |
Sextilla |
Arte menor |
Consonante |
Menor |
aabbaa, abcabc, etc. |
|
OITO VERSOS |
Oitava real |
Hendecasílabos |
Consonante |
Maior |
ABABABCC |
|
Octavilla italiana |
Arte menor |
Consonante |
Menor |
-aab(agudo)-ccb(agudo) |
|
|
DEZ VERSOS |
Décima |
Octosílabos |
Consonante |
Menor |
abbaaccddc |
3. O POEMA
O poema é a obra en verso concibida polo poeta como unha unidade. Hai dous tipos de poemas, aqueles que están formados por unha ou máis estrofas (poemas estróficos) e aqueles que non están formados por estrofas (poemas non estróficos).
3.1 POEMAS ESTRÓFICOS:
- SONETO: poema de catorce versos hendecasílabos distribuídos en dous cuartetos e dous tercetos. O seu esquema métrico é, normalmente, ABBA ABBA CDC DCD, malia que a rima dos tercetos pode ter outras combinacións (CDE DCE...). É a composición máis utilizada dende o século XVI. O responsable da introdución na lírica peninsular desta composición de orixe italiana foi Garcilaso de la Vega. Na lírica galega aparecen as primeiras mostras nos Séculos Escuros.
- ZÉKHEL: composición de orixe mozárabe. Adoita estar escrito en octosílabos e está formado por un pareado, que é o retrouso, e por un grupo de catro versos dos cales os tres primeiros riman entre si en consonante e se denominan mudanza; o último verso é o verso de volta e rima en consonante co retrouso. Polo tanto, o esquema métrico sería aa–bbba, aa–ccca, aa–ddda. Esta estrofa pódese atopar nas Cantigas de Santa María:
"De graça chẽa e d' amor
de Deus, acorrenos, sennor
Santa Maria, se te praz,
pois nosso ben tod' en ti jaz,
e que teu Fillo sempre faz
por ti o de que ás sabor.
De graça chẽa e d' amor
de Deus, acorrenos sennor.
E pois que contigo é Deus,
acorr' a nós que somos teus
e fasnos que sejamos seus
e que perçamos del pavor.
De graça chẽa e d' amor
de Deus, acorrenos sennor."
- VILANCICO: poema tradicional de versos octosílabos o hexasílabos. Consta de dúas partes:
a) o retrouso: formado por dous ou catro versos que se repiten ao longo de toda a composición. Ás veces completo e sen variación, e outras veces, parte del e con variacións.
b) o pé: estrofa de extensión variable, onde o último ou os dous últimos deben rimar con todo o retrouso ou coa súa parte final. É diferente en cada nova estrofa:
"Toquen as gaitas ledos saltar
Veña unha cantiga orixinal.
Ao Dios Meniño todos cantemos
o son da música, o la, la, lá. (retrouso)
1.
Nesta noite silenciosa
Cando o universo enteiro
goza do sono pirmeiro
bella luz lle cubre a faz.
E aquel astro supremo
que desipando tenebras
e arropando densas nebras
gozo e paz aos homes da.
2.
A este Neno tan garrido
cántanlle os seus paxariños,
a Groria cós Anxeliños
por toda unha eternidá.
Cántanlle, pois, as criaturas
con todo seu corazón;
e pregonan con amor
de Dios a fina bondá." (vilancico popular)
O vilancico desenvólvese na lírica peninsular como derivación do zékhel, do cal se diferencia principalmente na mudanza: no vilancico é unha redondilla ou cuarteta, e no zékhel é un monorrimo; outra diferenza aparece no retrouso: no vilancico xeralmente é de tres ou catro versos, mentres que no zékhel adoitan ser dous.
- LETRILLA: trátase dunha variante do vilancico. O retrouso adoita ser de dous versos e a mudanza de maior extensión. Ten un ton burlesco e satírico. Esta composición foi moi utilizada polos poetas do Século de Ouro español. Podes ler un exemplo de letrilla no cantar XXI dos Cantares gallegos de Rosalía de Castro.
- CANCIÓN: combinación de versos heptasílabos e hendecasílabos divididos en estrofas chamadas estancias. O poeta distribúe libremente a rima pero, unha vez fixada na primeira estancia debe ser respectada no resto do poema. Este poema é de orixe italiana e chegou á Península Ibérica no Renacemento.
3.2. POEMAS NON ESTRÓFICOS
- ROMANCE: poema formado por un número indeterminado de versos octosílabos con rima asonante nos pares e soltos os impares: -a-a-a-a-a-a... Aquí tes un exemplo:
Andivo todos os mares
baixo o corazón da vela.
Mariñeiro era por gala
dos mariñeiros da terra,
pescador nas outas augas
onde aboian as estrelas,
atal que brancas alfoias
para enfeitar ás sereas. (Xosé María Álvarez Blázquez)
Son variantes do romance octosilábico:
1) romancillo: con verso heptasílabos ou máis curtos,
2) romance heroico: versos de once sílabas.
-
SILVA: extensión indeterminada de versos de sete e once sílabas combinados e rimados libremente en consonante e na que poden deixarse algúns versos soltos sen rima. Constitúe por estas particularidades unha forma moi libre, de tendencia antiestrófica e próxima por tanto ao versolibrismo. Esta composición de orixe italiana foi introducida na lírica peninsular por Luís de Góngora.
-
POEMAS FORMADOS POR VERSOS LIBRES OU VERSOS BRANCOS: vid. apartado A rima.
No seguinte poema de Vázquez Pintor, poeta galego do Morrazo, escribe nos ocos en branco o nome do verso segundo o seu número de sílabas métricas
Póster íntimo
| Galicia é |
|
| Un mundo soio | |
| Sete cans ladrando ao vento | |
| Un croio | |
| Un cemiterio do tempo | |
| Un pedrón | |
| O paricio dun meigallo | |
| Un pranto e un espantallo | |
| Pro a do canto non. | |
| Galicia é | |
| Un pé | |
| Que tripa xeo | |
| Un pobo ao rego | |
| Unha gaita e un fol | |
| Un xenio mol... | |
| O demo bebeu no corgo | |
| E Deus mirouno beber | |
| ¡que pracer | |
| que desacordo! | |
| Entón o demo carpantouse | |
| De rías e de paisaxes. | |
| Deus lembrouse | |
| Dos aldraxes |
Xosé Vázquez Pintor
Escribe en los espacios en blanco el esquema métrico de la siguiente glosa de Jorge Manrique. Está compuesta por tres estrofas, completa los huecos correspondientes con el nombre de cada una:
Esfolla rosas de escuma
o rodicio, arreo, arreo...
Da tolda no escuro seo
¡como a i-auga se degruma!
5 A moe sorbe i-estruma,
enfebrecida, o centeo.
Brasa caída do ceo
o Sol, no bandazo aluma
A belida muiñeira
10 esmorece no serán,
do pecado prisoeira;
un maino vento levián
espalla pol-a riveira
a labarada do vran.
Avelino López Otero
Escribe a continuación o nome de cada estrofa:
- Primeira estrofa:
- Segunda estrofa:
- Terceira estrofa:
- Cuarta estrofa:
Completa na marxe esquerda dos versos o esquema métrico e, á dereita, o nome da estrofa en cada exemplo:
|
MODELOS | TIPO DE ESTROFA |
MODELOS | TIPO DE ESTROFA |
|---|---|---|---|
|
Curros Enríquez |
¡Galicia,! Nai e Señora, Ramón Cabanillas |
||
|
E porque é tan lugués, e porque o pide Noriega Varela |
É a man da paz a santa man que enxoita Ramón Cabanillas
|
||
|
Santo da barba dourada, Martín Torrado |
Mas o que ten mal sino, Rosalía de Castro |
||
|
Tal os salvages ríos descendendo Eduardo Pondal |
¡Qué dóce e deleitoso Curros Enríquez |
Le os poemas e relaciónaos con algúns dos que aparecen no cadro despregable:
| EXEMPLOS | NOME DO POEMA |
|---|---|
|
Estes non son poemas, nin cimentos Xosé María Díaz Castro |
|
|
A ricaz que garda os puros sentimentos Ramón Cabanillas |
|
|
No niño novo do vento Canta ao luar e ao mencer Tamén ten sombra de sombra Álvaro Cunqueiro |
|
|
Arrimeime a un pino verde Blanco Amor |