Os precursores: Xoán Manuel Pintos

A gaita gallega

        Queira Deus que esta Gaita ben tocada
        Un recordo lle valla ó bon gaiteiro,
        E que millenta1 mais onda2 o primeiro
        Veñan tocar tamén a Gaita amada.

5      Inda premita Deus que sexa soada
        Voando muy vistoso o meu prumeiro
        Arrolando cos chíos do punteiro
        Garrido3 se mostrando coa alborada.

        Avante vaia en tod'as romerías
10     Levada polas vilas e arredores.
        Inda sexa a maestra das folías4.


        Calada nunca estea. E de primores
        Inzando os sons preñados, e alegrías,
        A busquen homes leigos5 e doutores.

                                  Xoán Manuel Pintos, A gaita gallega (adaptado)

 

Ilustración d'A gaita gallega, 1853
Ilustración orixinal d'A gaita gallega
http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/os-membranofonos/tambor-propiamente-dito/


1 Número elevado de unidades, aínda que indeterminado, que pode ser tanto superior coma inferior a mil.

2 Preposición que expresa proximidade espacial.

3 Ben proporcionado, de boa presenza, agradable tanto pola aparencia física coma no trato

4 Diversión alegre e barullenta. Neste caso pode ter a acepción de reunión nocturna de xente para divertirse, cantar e bailar, que é o primeiro signficado que dá o dicionario da RAG para o substantivo foliada.

5 Que non está iniciado nunha ciencia, arte, etc.

Este poema de Xoán Manuel Pintos atópase incluído na súa obra máis coñecida, A gaita gallega, publicada en 1853. Este libro está divido en sete "foliadas" e pretende ser unha especie de  compendio do mundo cultural galego visto a través das ensinanzas que un vello gaiteiro lle dá ao seu tamborileiro, Pedro Luces, de orixe castelá. Todo el é unha defensa a ultranza da lingua e da cultura galega.

É un texto complexo porque ten partes en prosa malia ser maioritario o verso, ademais dun pequeno dicionario galego-latín. Por outra banda, a nivel lingüístico é trilingüe xa que recolle textos en galego, castelán e latín, sendo moi maioritario o primeiro. Na parte final inclúe un eplílogo dedicado ao Padre Sarmiento, de feito debe atribuírselle a Pintos a recuperación da figura do ilustre frade para a cultura galega.

  1. Lede o poema con atención e comparade a imaxe que ofrece Pintos do gaiteiro coa que vosoutros tendes, ou co a música tradicional galega en xeral. Coinciden?
  2. Para ofrecerche unha visión máis ampla do tema podedes botarlle un ollo aos seguintes vídeos:
    1. Susana Seivane
    2. Carlos Núñez
    3. Susana Seivane, Kristian Silva, Lorena Freijeiro e Evia

    Agora compara estes que ves de ver cos Campaneiros de Vilagarcía:

    1. Os Campaneiros
Xoán Manuel Pintos, o autor

Completa o seguinte texto coas palabras que se che ofrecen. Ten en conta que algunhas palabras poden utilizarse máis dunha vez e que outras non cómpre empregalas.

Xoán Manuel Pintos
http://mas.laopinioncoruna.es/suplementos/2011/02/05/mais-pintos/pintos-2/

Xoán Manuel Pintos foi unha das máis destacadas dos Precursores polo seu uso case da lingua galega.

en Pontevedra o 16 de decembro de 1811. Iniciou os seus estudos de Humanidades na para logo cursar Dereito en Santiago de Compostela. Nesta tamén estudou Filosofía e Música. De 1837 a 1840 traballou de na Coruña, e, posteriormente, foi nomeado de primeira instancia en polo goberno progresista. Logo de ser destituído como xuíz en 1844 polo goberno , volveu exercer de avogado, esta vez en Pontevedra, ata que en 1862 pasou a desenvolver o traballo de rexistrador da en Vigo, cargo que ocupou ata a súa morte, o 29 de xuño de 1876. Ao longo deses anos colaborou en diversos , como El País e La Perseverancia, mentres algúns dos seus foron publicados en Misterios de Pontevedra.

A súa obra A gaita gallega, cuxo título completo é A gaita gallega tocada polo gaiteiro ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e aínda máis converteuno na figura máis da primeira xeración provincialista dos Precursores. Trátase dunha obra , en latín, castelán e galego, que foi concibida para achegar o galego aos lectores. Publicouse por ao longo do ano 1853.

No entanto, Xoán Manuel Pintos deixounos tamén un amplo conxunto de poemas que apareceron publicados en diversos xornais da época. Cabe destacar, entre outros, o longo poema, "A Galicia" (1861), un agromo de epopea de máis de seiscentos versos, así como o "Rechamo", composición onde fai unha chamada aos autores galegos para utilizaren a nosa lingua. Pintos faleceu en Vigo en 1876.

Dedicóuselle o das Letras Galegas no ano 1975.

Prerrexurdimento, a época

O século XIX galego é un período complexo no que respecta á literatura. Sinala cales das seguintes afirmacións son verdadeiras.

          O século XIX caracterízase pola inestabilidade política.

Verdadeiro Falso

          O renacer da literatura galega só depende da presenza de modelos literarios propios.

Verdadeiro Falso

          Os escritores do s. XIX descoñecían a tradición lírica medieval galego-portuguesa.

Verdadeiro Falso

          A literatura galega do s. XIX pódese segmentar en literatura de circunstancias, a dos Precursores e Rexurdimento pleno.

Verdadeiro Falso

          O Provincialismo reivindicaba a consideración de Galicia como unha soa provincia.

Verdadeiro Falso

          O Provincialismo rematou de maneira abrupta no ano 1946.

Verdadeiro Falso

          O Rexionalismo buscaba unha estrutura federal para o estado español

Verdadeiro Falso

          As primeiras manifestacións literarias galegas so xéculo XIX relaciónanse directamnte coa chegada a Galicia das tropas de Napoleón en 1809.

Verdadeiro Falso

Francisco Añón participou no levantamento de 1846 pero púidose exiliar en Portugal polo que non foi axustizado

Verdadeiro Falso

No "Banquete de Conxo" compartiron mesa e mantel estudantes e profesores universitarios.

Verdadeiro Falso

Os Xogos Florais da Coruña de 1861 deron lugar a El Álbum de la Caridad, no 1862.

Verdadeiro Falso
Que di o texto?

Sinala en que versos aparecen os elementos que se sinalan abaixo. Fíxate que non se empregan exactamente as mesmas palabras ca no poema (así é como funcionan as paráfrases!)

O poema ten formato de oración porque fai unha petición a Deus pero, que é o que se lle pide?

Que é o que di? Onde o di?

que o gaiteiro toque moi ben a gaita, de xeito garrido e vistoso 

vv.
que vaia abrindo o paso en todas as  romarías v.
que nunca deixe de soar v.
que miles de gaiteiros toquen a gaita vv.

que se toque nas foliadas 

v.
que sexa valorada por todo o mundo, polos que teñen formación e polos que non a teñen      v.
un recordo para o gaiteiro v.
que sexa a portadora de alegrías v.
que se toque nas vilas v.
  
Temática

Sinala a TEMÁTICA xeral deste poema e, a continuación, xustifica brevemente a túa escolla. Para isto podes empregar os seguintes procesadores de texto en liña:

 Writebox

Bighugelabs

Social

Costumista

Intimista


Métrica

De seguro que a forma do poema xa che vai soando, non si? Pois ben, a continuación debes contestar as seguintes preguntas:

  1. Como se chama este tipo de poema?
  2. Canto miden os seus versos?
  3. Que nome reciben os versos desta medida?
  4. É de arte maior ou menor?
  5. Como riman os versos entre si?
  6. Que nome reciben as estrofas que o compoñen?
  7. Ten rima asonante ou consonante?
  8. A rima é abrazada, encadeada ou ten un pouco de todo? Onde?
Como se chama este tipo de poema?
Canto miden os seus versos? 1: ; 2: ; 3: ; 4: ; 5: ; 6: ; 7: ; 8: ; 9: ; 10: ; 11: ; 12: ; 13: ; 14:
Que nome reciben os versos desta medida        Versos
É de arte maior ou menor? De arte
Como riman os versos entre si? ; ; ;
Que nome reciben as estrofas? Dous e dous
Ten rima asonante ou consonante? Rima
A rima é... nos dous cuartetos e nos dous tercetos
  
Recursos estilísticos I

Este poema é especial porque, ademais de todo o que di, di unha cousa máis nunha "mensaxe secreta". Tenta atopala por ti só/soa e escribe o seu nome no oco que tes aquí debaixo.

  
Recursos estilísticos II

Asocia a cada fragmento o recurso estilístico que se atopa detrás.

O que di O que é Onde está
E de primores/Inzando os sons      
hipérbato                     v. 8
a maestra das folías   
v. 4
millenta máis onda o primeiro v. 3

Recursos estilísticos III

Na última estrofa aparece un longo hipérbato, a ver se es quen de ordenalo!

E de primores / Inzando os sons preñados e alegrías, / A busquen homes leigos e doutores.

Podes facer o exercicio no caderno o no ordenador. Aquí tes de novo os procesadores de texto en liña:

Writebox

Bighugelabs

Actividade final: redacta o teu comentario

Tras realizar as actividades, recompilaches información suficiente sobre Xoán Manuel Pintos e sobre este poema en particular para realizares un comentario de texto. Redáctao seguindo os seguintes pasos:

  1. Recompila todo o que aprendiches sobre a época dos Precursores facendo as actividades.
  2. Realiza un esquema previo cos puntos principais que vas tratar. Consulta a Guía para o comentario de textos líricos.
  3. Redacta un borrador, cando menos, do comentario onde poidas introducir correccións e modificacións.
  4. Escribe o teu comentario tendo especial coidado coa expresión escrita, ortografía e signos de puntuación. Ten en conta que debes redactar un texto coherente e cohesionado, utilizando os organizadores e conectores textuais oportunos.