O Rexurdimento

Na segunda metade do século XIX xurde un movemento en defensa da lingua e cultura galegas que se coñece co nome de Rexurdimento. Para levar a cabo a súa labor os membros do Rexurdimento publicaron gramáticas e dicionarios da lingua galega, estudos sobre a historia de Galicia e crearon xornais e editoras. Nesta labor ten un papel fundamental de dinamización da lingua galega a literatura, sobre todo o cultivo da  poesia.

Dentro do Rexurdimento pódense diferenciar dúas etapas:

  • Precursores do Rexurdimento (1838-1863). Unha serie de poetas comezan a empregar o galego como lingua literaria nas súas obras, entre eles destaca como gran precursor Xoán Manuel Pintos.
  • Rexurdimento pleno (1863-1888). A publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro supón a consolidación do movemento. Esta autora, Eduardo Pondal e Curros Enríquez son as tres figuras fundamentais da literatura do século XIX.