A cantiga de amigo

Meu amigo...

 

       Sedia-m'eu na ermida de San Simión
       e cercaron-mi as ondas, que grandes son.
       Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

       Estando na ermida ant'o altar,
5     cercaron-mi as ondas grandes do mar.
       Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

       E cercaron-mi as ondas, que grandes son:
       non hei i barqueiro, nen remador.
       Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

10    E cercaron-mi as ondas do alto mar:
       non hei i barqueiro, nen sei remar.
       Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

       Non hei i barqueiro, nen remador:
       morrerei eu fremosa no mar maior.
15    Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

        Non hei i barqueiro, nen sei remar:
        morrerei fremosa no alto mar.
        Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Meendinho

 

 

Imaxe da Illa de San Simón tirada por Marcial Cortegoso

    Illa de San Simón, fotografía de Marcial Cortegoso.
    Fonte:http://www.flickr.com/photos/saudade_v/2620699587/

 
 
 

 

  1. Le con atención a cantiga anterior e identifica a voz poética de maneira xustificada. En que persoa está?
  2. Quen está a dicir de si mesma? Que lle pasou?
  3. De quen está a falar principalmente?
Actividade despregable

Completa o seguinte texto coas palabras que se che ofrecen. Lembra que unha palabra pódese usar máis dunha vez e hai palabras que non se poden utilizar.

As son composicións poéticas que se escribiron na época , de carácter lírico nacidas para seren e acompañadas musicalmente aínda que a meirande parte das partituras . Chegaron a nós principalemente a través de tres : Cancioneiro da , Cancioneiro da Vaticana e Candioneiro da Biblioteca .

A lírica medieval galego-portuguesa está composta por cantigas e relixiosas. Estas últimas están representadas nas Cantigas de Santa María. As máis estudadas son as primeiras e subdivídense en tres grupos: cantigas de amigo , cantigas de e cantigas de e maldicir .

Os autores do lirismo galego-portugués pertencían ás máis variadas condicións sociais e procedencias. Empezando polo escalafón social máis alto, podemos atopar:

  • : de condicíon nobre, só interpretaban por , sen cobrar. Aparecen citados polo nome e o .
  • : trobadores pertencentes a unha categoría intermedia entre xograres e trobadores, aceptaban por interpretar as súas composicións.
  • : interpretan composicións alleas aínda que algúns chegarían a compoñer eles mesmos. Aparecen citados por un nome ou ou ben o lugar de procedencia. Pertencían á clases sociais máis populares.
  • : eran os que facían o acompañamento das cantigas.
  • : que bailaban, cantaban e prestaban todo tipo de servizos.
O texto no seu contexto: a lírica medieval

Sinala cales das seguintes afirmacións sobre a literatura medieval son correctas:

1) As estrofas na literatura medieval reciben o nome de culebras

2) Nas cantigas de amor a voz poética correspóndese cun cabaleiro

3) O xénero medieval das cantigas de amigo é unha adaptación da lírica do fin amors procedente da Provenza

4) Os trobadores compoñían as cantigas, tanto a letra como a música, e non adoitaban interpretalas

5) Na lírica medieval a rima é macho ou femia (e non asonante ou consoante!)

6) Os versos na lírica medieval reciben o nome de substantivos



A lírica medieval galego-portuguesa; a cantiga de amigo

Le o texto seguinte e escribe as palabras que faltan:

As cantigas son composicións poéticas medievais de carácter lírico nacidas paera seren cantadas e acompañadas musicalmente. Eran feitas para celecbrar os cambios de estación e faenas de campo, a fecundidade e outras celebracións e tradicións. Recóllense e cncioneiros aínda que moitas partituras desapareceron.

As cantigas de amigo son breves composicións de temática postas na boca dunha a cal expresa os seus amorosos cara ao seu amado, que recibe o nome de . Igual que as cantigas de , pertencen ao xénero amoroso. Outras cantigas tradicionais estaban postas en boca dunha moza, como as mozárabes coas cales están emparentadas tematicamente. Formalmente caracterízanse polo uso reiterado de dous artificios de repetición: o e o ou paralelismo perfecto.

  
Os subtipos das cantigas de amigo

O campo semántico: escolle xustificadamente a opción correcta!

Panexírico

Verdadeiro Falso     

Prohibición

Verdadeiro Falso     

Concordia de amor

Verdadeiro Falso     

Amor insatifsfeito

Verdadeiro Falso     
Cuestión de medida: o esquema métrico

Sinala a medida e a rima dos versos no oco que se che deixa a continuación. Indica, asemade, se a cantiga ten rima macho ou femia e di por que. Por último, sinala se a rima é asonante ou consonante de maneira razoada.

Sigue o seguinte modelo:

V1: A; número de sílabas: 11; rima: macho.

V1: ; número de sílabas ;  rima

V2: ; número de sílabas ;  rima

V3: ; número de sílabas ;  rima

V4: ; número de sílabas ;  rima

V5: ; número de sílabas ;  rima

V6: ; número de sílabas ;  rima

V7: ; número de sílabas ;  rima

V8: ; número de sílabas ;  rima

V9: ; número de sílabas ;  rima

V10: ; número de sílabas ;  rima

V11: ; número de sílabas ;  rima

V12: ; número de sílabas ;  rima

V13: ; número de sílabas ;  rima

V14: ; número de sílabas ;  rima

V15: ; número de sílabas ;  rima

V16: rima ; número de sílabas ;  rima

V17: rima ; número de sílabas ;  rima

V18: rima ; número de sílabas ;  rima

Tipo de rima: porque só coinciden as despois da .

  
As figuras de repetición

Tenta completar o seguinte poema tendo en conta os recursos de paralelismo e leixaprán propios da lírica medieval galego-portuguesa:

       Mia irmana fremosa, treides comigo                     
       a la igreja de Vigo, u é o mar salido,

       e miraremos las ondas.

       , treides de grado
5     , u é o mar levado,
      

      
       e verrá i, mia madre, o meu amigo
      

10   
       , o meu amado
      

          MARTÍN CODAX

 

Fragmento do Pergamiño Vindel de Martin Codax
 

Fragmento do Pergamiño Vindel   
Fonte: http://www.musicaantigua.com/wp-content/uploads /2013/05/pergamino-vindel.jpg

   

  

Despois de ler

A anterior cantiga de Martin Codax ten unha versión musical, podes escoitala aquí.

Contesta as seguintes cuestións:

  1. Explica a quen corresponde a voz poética e a quen se dirixe. Mantense un diálogo ou trátase dun monólogo? Cal é a ambientación?
  2. Esquematiza a estrutura externa indicando os versos que se repiten. En que consisten as variacións?
  3. Tendo en conta o lugar en que está ambientada esta cantiga, identifica o subxénero a que pertence.
Cantigas de amigo: subtipos

As cantigas de amigo adoitan agruparse arredor de catro subtipos en función da temática que tratan. Tenta relacionar cada temática coa súa descrición.

SUBTIPO DESCRICIÓN
Destaca a alegría de amar e de vivir. A namorada adoita chamar ao baile as amigas para celebrar a súa felicidade.
Están ambientadas no mar. Este pode ser o seu interlocutor, reflectir o estado de ánimo da moza, servir de marco á escena...
Ambiéntanse nas festas de devoción popular preto de ermidas. Moitas veces o propio clero encargaba cantigas para "publicitar" o seu santuario.
A moza lembra o seu amado na chegada da primeria hora do día. De orixe provenzal.

A que subtipo cres que pertencen as dúas cantigas desta UD?

Escolla múltiple

As cantigas de amigo caracterízanse pola súa sinxeleza e carácter sintético. Malia isto, despregan un potente abano de significados simbólicos. Que cres ti que simboliza aquí o mar?

    

Confidente: a moza cóntalle as súas coitas

Estado de ánimo da moza: tranquila e namorada

Estado de ánimo da moza: axitada e desesperada


A música

Como remate, é interesante analizar como as obras de arte son intemporais ou, cando menos, reinterpretables unha e outra vez.  Nesta ligazón podedes escoitar a cantiga que abre esta unidade didáctica en dúas versións diferentes, escoitádeas e comentádeas, cal vos gusta máis? Cal é máis fiel á versión orixinal? Cal é máis emotiva?... Podedes formular e contestar todas as preguntas que vos suxiran as cancións.

Se non vos funciona a anterior ligazón, copiade e pegade o seguinte enderezo na barra de direccións do voso navegador:

http://sondepoetas.blogspot.com.es/2009/04/sedia-m-eu-na-ermida-de-san-simion.html

Actividade final

Tras realizar as actividades, recompilaches información suficiente sobre cantigas de amigo e sobre esta en particular para realizares un comentario de texto. Redacta o teu comentario seguindo os seguintes pasos:

  1. Recompila todo o que aprendiches sobre as cantigas de amor facendo as actividades.
  2. Realiza un esquema previo cos puntos principais que vas tratar. Consulta a Guía para o comentario de textos líricos.
  3. Redacta un borrador, cando menos, do comentario onde poidas introducir correccións e modificacións.
  4. Escribe o teu comentario tendo especial coidado coa expresión escrita, ortografía e signos de puntuación. Ten en conta que debes redactar un texto coherente e cohesionado, utilizando os organizadores e conectores textuais oportunos.