Saltar navegación

Proposta de creación TIC: árbore xenealóxica interactiva das divinidades olímpicas

Tarefa

Agrupamento:
Tres ou catro participantes

Esta tarefa vai intentar profundizar un pouco máis no coñecemento dos principais mitos e lendas gregas.

No árbore xenealóxico que se incluíu nesta unidade aparecen algúns descendentes de Zeus, o monarca divino. Con todo, Zeus tivo numerosas relacións con distintas mulleres e poderíamos continuar enumerando a relación dos seus descendentes; por exemplo, a famosa Helena de Troia é filla de Zeus e unha mortal, Leda (verémolo na unidade 8). 

  1. Elaborade un árbore xenealóxico orixinal a partir da unión de Zeus con unha das mulleres da lista que aparece abaixo. Podedes empregar calquer ferramenta dixital de elaboración de esquemas ou mapas mentais.
  2. Escollede algún ou algunha dos descendentes da rama que teñades desenvolvido e elabora unha presentación dixital sobre os aspectos máis interesantes.
ZEUS
UNIÓNS DIVINAS Metis, Temis, Dione, Eurínome, Mnemósine, Leto, Deméter, Hera
UNIÓNS HUMANAS Alcmena, Antíope, Calisto, Dánae, Exina, Electra, Europa, Ío, Laodamia, Leda, Maia, Níobe, Pluto, Sémele, Táixete

Feito con eXeLearning (Nova ventá)