Saltar navegación

Guía didáctica

Descrición do ODE

A proposta que aquí presentamos diríxese ao alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), e ten por obxecto achegar o alumnado, da man do estudo da mitoloxía grega e latina, aos feitos históricos, sociais e culturais emanados da Antigüidade clásica, de forma que tome conciencia da influencia e pervivencia desta na cultura occidental e a relacione coa súa propia identidade cultural e o contexto concreto no que vive, especialmente o ámbito galego.

O leit-motiv deste ODE é unha aposta polo aproveitamento do interese e motivación natural dos/as estudiantes polo mundo das lendas mitolóxicas da Antigüidade clásica, de forma que sirvan de chave para o afundamento tanto neste tema, de obvia relevancia cultural en todos os ámbitos, como noutros que se reflicten indirectamente a través do mito: os históricos, como por exemplo, o nacimento da democracia en Atenas; sociais, como o papel da muller na Antigüidade; e artísticos e literarios, como o establecemento do canon arquitectónico e o nacimento dos xéneros literarios.

Ademais, queremos facer especial fincapé na pegada das culturas grega e romana no ámbito galego, dende todo punto de vista, xa sexa nos restos arqueolóxicos que perviven ata hoxe, como no resto de artefactos culturais que seguen funcionando no pensamento moderno.

Así mesmo, queremos destacar outro dos eixos fundamentais nos que pivota o proxecto: a promoción do emprego didáctico de ferramentas TIC, as que consideramos como un medio imprescindible de aprendizaxe no mundo actual. Ao longo de todo o ODE, propóñense ás/ós alumnas/os actividades que invitan á creación de contidos por medios TIC, proporcionándolle, por tanto, unha formación máis completa e acorde cos tempos.

Este proxecto enmárcase, polo tanto, dentro do currículo da materia Cultura Clasica 3º/4º de ESO, segundo DECRETO 86/2015, de 25 de junio, por el que se establece el currículo de la educación secundaria obligatoria y del bachillerato en la Comunidad Autónoma de Galicia.

Os aspectos específicos que se traballan neste ODE correspóndense aos bloques 1, 3, 4, 5, 6 e 7 do currículo, no que se inclúen aspectos referentes ao marco xeográfico, histórico, mitoloxia, arte, sociedade, lingua, literatura e pervivencia na actualidade.

Ademais, aspira a ser útil e empregable para a formación dos/das estudiantes que queiran traballar competencias clave do actual currículo, como son a competencia de comunicación lingüística (CCL), competencia dixital (CD), aprender a aprender (CAA), competencias sociais e cívicas (CSC), sentido da iniciativa y esprito emprendedor e, de forma especial, a competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC).

Estructura e obxectivos

O ODE preséntase como unha ferramenta multimedia e interactiva visualizable e operable  a través dun soporte en Rede independente do sistema operativo e do navegador, de xeito que é posible a súa correcta visualización nas últimas versións dos navegadores máis comúns (Mozilla Firefox, Chrome e Internet Explorer), incluso nas plataformas móbiles. A ferramenta (eXelearning), interactúa ademais coas últimas versións da Aula Virtual Moodle implementadas nos centros públicos de Galicia.

O ODE integra 9 unidades didácticas que desenvolven aspectos correspondentes a os seguintes bloques do currículo da materia: bloques de xeografía e historia: B.1.1, B.1.2; B2.1, B2.2; mitoloxía: B3.1, B3.2, B3.3, B3.4; arte: B4.1, B4.2, B4.3, B 4.4, B4.5; sociedade: B5.1, B5.2, B5.3; lingua e literatura: B6.9, B6.10, B6.10bis e pervivencia: B7.1, B7.2, B7.3.

En canto ao emprego efectivo do ODE, os obxectivos do recurso presentado concordan cos establecidos para a materia de Cultura Clásica en 3º e 4ª de ESO, conforme se establece no seu currículo a partires dos obxectivos xerais da etapa que se desenvolven segundo o artigo 10 do Decreto 86/2015.

  1. Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respeto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a  solidariedade entre as persoas e os grupos,  exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e  homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o  exercicio da cidadanía democrática.
  2. Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.
  3. Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan  discriminación entre homes e mulleres, así  como calquera manifestación de violencia contra a muller.
  4. Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver  pacificamente os conflitos.
  5. Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.
  6. Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e homes que realizasen achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras culturas do mundo.
  7. Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.
  8. Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e na súa mellora, e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

Ademais destes obxectivos citados o ODE pretende tamén:

  1. Proporcionar ós/ás docentes unha ferramenta áxil e sinxela de implementar na práctica para o desenvolvemento do currículo da materia.
  2. Promover a práctica estratexias didácticas modernas, activas e relacionadas co contexto social das alumnas e alumnos
  3. Contribuír á integración das TIC como medio normalizado de aprendizaxe
  4. Facilitar un recurso empregable facilmente en calquera ambiente de aprendizaxe, sexa presencial, virtual ou híbrido.

Contidos e estándares

1. Bloque 1. Marco Xeográfico das civilizacións grega e romana

 1.1. Marco xeográfico das civilizacións grega e romana.

Estándares: Sinala sobre un mapa o marco xeográfico en que se sitúan en distintos períodos as civilizacións grega e romana, delimitando o seu ámbito de influencia, establecendo conexións con outras culturas próximas e situando con precisión puntos xeográficos, cidades ou restos arqueolóxicos coñecidos pola súa relevancia histórica (CCB.1.1.1).

1.2. Marco xeográfico das civilizacións grega e romana.

Estándares: Enumera aspectos do marco xeográfico que poden ser considerados determinantes no desenvolvemento das civilizacións grega e latina, e achega exemplos para ilustrar e xustificar as súas formulacións. (CCB1.2.1)

2. Bloque 2. Historia

2.1. Marco histórico das civilizacións grega: das civilizacións minoica e micénica ao mundo helenístico.

Estándares: Sabe enmarcar determinados feitos históricos na civilización grega no período histórico correspondente, póndoos en contexto e relacionándoos con outras circunstancias contemporáneas (CCB2.1.1.).

2.2. Marco histórico da civilización romana: Monarquía, República e Imperio.

Estándares: Distingue con precisión as etapas da historia de Grecia e Roma, nomeando e situando no tempo os principais fitos asociados a cada unha delas (CCB2.2.1.). Sitúa dentro dun eixe cronolóxico o marco histórico en que se desenvolven as civilizacións grega e romana, sinalando períodos e identificando en cada un as conexións máis importantes que presentan con outras civilizacións (CCB2.2.4)

Bloque 3. Mitoloxía

3.1. O panteón grego e romano.

Estándares: Pode nomear coa súa denominación grega e latina os principais deuses e heroes da mitoloxía grecolatina, sinalando os trazos que os caracterizan, os seus atributos e o seu ámbito de influencia, explicando a súa xenealoxía e establecendo (CCB3.1.1.).

3.2. Mitos grecolatinos. Os heroes.

Estándares: Identifica dentro do imaxinario mítico deuses, semideuses e heroes, e explica os principais aspectos que os diferencian (CCB3.2.1.).

3.3. Relixión grega.

Estándares: Enumera e explica as principais características da relixión grega, póndoas en relación con outros aspectos básicos da cultura helénica e establecendo comparacións con manifestacións relixiosas propias doutras culturas (CCB3.3.1.).

3.4. Relixión romana: culto público e privado.

Estándares: Distingue a relixión oficial de Roma dos cultos privados, e explica os trazos que lles son propios (CCB3.4.1.).

Bloque 4. Arte 

4.1 Fundamentos da arte clásica.

Estándares: Recoñece os trazos básicos da arte clásica nas manifestacións artísticas antigas e actuais (CCB4.1.1.). Realiza eixes cronolóxicos e sitúa neles aspectos relacionados coa arte grecolatina, asociándoos a outras manifestacións culturais ou a fitos históricos (CCB4.1.2.).

4.2. Arquitectura en Grecia e Roma: tipos de edificios e ordes arquitectónicas.

Estándares: Recoñece as características esenciais das arquitecturas grega e romana, identificando en imaxes a orde arquitectónica á que pertencen distintos monumentos, para razoar a súa resposta (CCB4.2.1.).

4.3. Escultura en Grecia e Roma: etapas, estilos e temáticas.

Estándares: Recoñece esculturas gregas e romanas en imaxes, encádraas nun período histórico e identifica nelas motivos mitolóxicos, históricos ou culturais (CCB4.3.1.).

4.5. Herdanza clásica no patrimonio artístico.

Estándares: Localiza nun mapa os principais monumentos clásicos do patrimonio español e europeo, identificando a partir de elementos concretos o seu estilo e súa cronoloxía aproximada.

Bloque 5. Sociedade e vida cotiá

 5.1. Organización política en Grecia e en Roma.

Estándares: nomea os principais sistemas políticos da Antigüidade clásica e describe, dentro de cada un, a forma de distribución e o exercicio do poder, as institucións, o papel que estas desempeñan e os mecanismos de participación política (CCB5.1.1.).

5.2. Sociedade en Grecia e Roma: clases sociais.

Estándares: describe a organización das sociedades grega e romana, explicando as características das clases sociais e os papeis asignados a cada unha, relacionando estes aspectos cos valores cívicos da época e comparándoos cos actuais (CCB5.2.1.). Describe as principais características e a evolución dos grupos que compoñen as sociedades grega e romana (CCB5.2.2.). 

5.3. A familia en Grecia e Roma.

Estándares: identifica e explica os papeis que desempeña dentro da familia cada un dos seus membros, identificando e explicando a través deles estereotipos culturais e comparándoos cos actuais (CCB5.3.1.). 

Bloque 6. Lingua e Literatura

6.10. Xéneros literarios grecolatinos: autores e obras principais.

Estándares: Describe as características esenciais dos xéneros literarios grecolatinos e recoñece a súa influencia na literatura posterior (CCB6.11.1.).

Nomea aos autores máis representativos da literatura grecolatina, encádraos no seu período histórico e cita as súas obras máis coñecidas (CCB6.12.1.).

 Bloque 7. Pervivencia na actualidade

 7.1. Civilización grecolatina nas artes e na organización social e política actual.

Estándares: Sinala e describe algúns aspectos básicos da cultura e a civilización grecolatina que perviviron ata a actualidade, demostrando a súa vixencia nunha e noutra época mediante exemplos (CCB7.1.1.).

7.2. Mitoloxía e temas lendarios nas manifestacións artísticas actuais.

Estándares: Demostra a pervivencia da mitoloxía e os temas lendarios mediante exemplos de manifestacións artísticas contemporáneas nas que están presentes estes motivos (CCB7.2.1.).

7.3. Historia de Grecia e Roma e a súa presenza no noso país.

Estándares: Enumera e explica algúns exemplos concretos nos que se pon de manifesto a influencia que o mundo clásico tivo na historia e as tradicións do noso país (CCB7.3.1.).

7.4. Utiliza as tecnoloxías da información e a comunicación para solicitar información e realizar traballos de investigación acerca da pervivencia da civilización clásica na nosa cultura (B7.4.1.).

Secuenciación

De modo xeral, a secuencia nas unidades didácticas que conforman o ODE queda ao arbitrio do usuario. Non obstante, é conveniente comezar primeiro por as dúas primeiras unidades do ODE, xa que constitúen o marco xeográfico e histórico xeral das restantes unidades.

No interior de cada unha das diversas unidades didácticas seguirase, preferentemente, a numeración establecida.

En canto ao apartados de actividades, estas pódense realizar indistintamente o remate de cada sección da unidade, ou ben ao remate das tres seccións que compoñen cada unidade.

Respecto ás actividades propostas de creación de contidos TIC, é conveniente a súa realización ao finalizar por completo a unidade didáctica, xa que asume un coñecemento global dos contidos tratados.

A modo de guía para o emprego do ODE na clase, considérase que cada unidade didáctica comprende un mínimo de 4 horas de clase, unha por sección e outra de traballo de preparación das actividades.

Avaliación e feedback

(a) Avaliación do alumnado

Entendendo a avaliación coma unha ferramenta de retroalimentación e aprendizaxe dentro do proceso de ensino, e non coma un fin en si mesma, pretendemos unha actividade avaliativa continua e formativa. Deste xeito, no ODE, se introducen as actividades de avaliación dentro do propio método, converténdoas nun recurso que proporciona resultado inmediato, facendo consciente ao estudante do seu progreso.

Criterios e instrumentos de avaliación do alumnado:

1. Situar no espazo e no tempo os principais acontecementos históricos e culturais de Grecia e Roma. Con este criterio preténdese comprobar si identifica as principais etapas históricas da civilización grecorromana, se relaciona con elas os feitos máis significativos e se abican estas civilizacións nos seus ámbitos xeográficos. Se avaliará a pericia na comprensión, interpretación e utilización de recursos variados, como mapas e gráficos, a aplicación de técnicas de análise e comentario de textos sinxelos para elaborar esquemas ou liñas do tempo.

2. Comparar elementos característicos da organización política e social de Grecia e Roma cos das sociedades actuais. Verificará o coñecemento de aspectos específicos da civilización grecorromana, como o pensamento e as correntes relixiosa. Para iso realizará comentarios de documentos e fontes de diversa índole que poñan de manifesto o grado de comprensión dos contidos de referencia clásica ao analizar as semellanzas e diferenzas con aspectos paralelos na nosa civilización. Valorarase tamén a capacidade para obter e contrastar a información mediante as oportunas orientacións bibliográficas ou sobre recursos das novas tecnoloxías.

3. Distinguir os trazos máis representativos dos xéneros literarios clásicos e identificar a súa presenza nas manifestacións literarias doutras épocas e lugares, especialmente na Galicia contemporánea. Mediante este criterio trátase de comprobar se os alumnos e alumnas son capaces de recoñecer e diferenciar os xéneros literarios clásicos, relacionando os seus autores e obras máis importantes. Para iso poderán lerse algúns textos clásicos traducidos de tema mitolóxico, realizar breves dramatizacións e composicións escritas nas que poida valorarse a correcta expresión oral e escrita e a súa capacidade para utilizar os coñecementos adquiridos.

4. Recoñecer motivos e personaxes da mitoloxía clásica, e descubrir a súa pervivencia en diferentes manifestacións artísticas. Comprobarase así a capacidade do alumno para explicar os atributos e trazos que caracterizan os mitos, os temas e os tópicos literarios, identificar personaxes e motivos na arte e a literatura  grecolatinos, analizar os seus contextos, e valorar a súa proxección na escultura, pintura, literatura ou cinema, como modelo para as artes de todos os tempos. Para aplicar este criterio realizaranse actividades que permitan verificar se se coñecen e identifican os grandes mitos e motivos clásicos, e establécense similitudes e diferenzas no tratamento dun mesmo motivo en distintos autores e épocas, a través do comentario de textos literarios ou a observación de imaxes, ou pezas de museos e de exposicións.

5. Recoñecer e localizar, a través dos restos do patrimonio artístico e monumental, as distintas actuacións artísticas, urbanísticas e monumentais de época grega e romana. Mediante este criterio téntase apreciar a capacidade de describir e caracterizar as diversas obras da arquitectura e o urbanismo das sociedades clásicas, as vías de comunicación, os edificios para o culto, o lecer, a vida social e a  cotidianeidade familiar, valorando a necesidade do seu estudo e conservación nas sociedades modernas. Poderá verificarse este criterio a través da elaboración de mapas temáticos sobre asentamentos, teatros, calzadas, pontes e outros restos monumentais, e con actividades de comparación entre construcións gregas e romanas, así como destas con outras actuais. Valorarase a capacidade para sinalar diferenzas e semellanzas, determinar a influencia das construcións clásicas e indicar a evolución e os cambios nas formas e estruturas, os usos e as técnicas de construción utilizadas.

6. Realizar traballos de investigación individuais e en grupo sobre algún aspecto da Antigüidade clásica, indagando en fontes diversas e verificando a súa proxección no mundo actual. Con este criterio avaliarase a capacidade crítica e a autonomía para abordar o proceso de procura de documentación mediante a utilización de distintas fontes para analizar e organizar de forma ordenada e coherente a información obtida, utilizando como instrumentos preferentes as tecnoloxías da información e a comunicación. Nestes traballos valorarase a capacidade para relacionar e contrastar  diversas fontes literarias, arqueolóxicas e  iconográficas, a organización das ideas e a claridade na presentación das conclusións, que atenderán especialmente á comparación do aspecto ou tema tratado no mundo clásico e na actualidade.

(b) Avaliación do seu desenvolvemento na aula (presencial, híbrida ou virtual)

Distinguimos tres fases na avaliación do ODE. Precísase, en primeiro lugar, dunha avaliación inicial de coñecementos e competencias previas  dos/das estudantes, mediante un instrumento tipo test, desenvolvido ad hoc, que inclúa tamén una avaliación das súas competencias TIC, tendo en conta a importancia do emprego de estas ao longo do desenvolvemento do ODE.

Nunha segunda fase de avaliación do desenvolvemento, aplicarase ós/ás alumnos/as un test que recolla a súa valoración sobre o desenvolvemento do ODE e calquera outro aspecto que sexa de interese para a mellora do proceso de implementación do ODE.

 Na terceira fase, recolleranse mediante un test de cuestións abertas, a opinións dos estudantes sobre a valoración final do ODE e as suxestións de mellora.

Aparte dos test escritos que recollen a visión do alumnado, a propia profesora ou profesor observará e apuntará nun caderno de avaliación as impresións obtidas do desenvolvemento do ODE, prestando atención ás preguntas, observacións, problemas, dúbidas, etc. que se lles formulan ao alumnado, para futuras melloras.  

(c) Avaliación da proposta educativa

Será global e integradora; é dicir, terá en conta todas as liñas de actuación que vertebran o conxunto do ODE. Aconséllase empregar como instrumento unha memoria. Como guía de avaliación da proposta educativa aconséllase á/ó profesor/a atender a:

·      O grao de consecución dos obxectivos marcados

·      O grao de implementación dos estándares de aprendizaxe

·      A oportunidade da secuenciación de contidos establecida

·      O grado de adquisición de competencias no conxunto do alumnado

·      O desempeño da metodoloxía empregada

·      O funcionamento das medidas desenvoltas de atención á diversidade

·      O desenvolvemento da convivencia e a igualdade de xénero

·      O funcionamento do propio sistema de avaliación.

Esta memoria servirá como avaliación formativa de mellora da implementación do ODE e corrección dos posibles atrancos que se recoñezan no seu desenvolvemento.

d) Feedback (retroalimentación)

Dada a doble vertente de traballo, ben completamente autónomo, que pode desenvolver o/a estudante, ou ben guiado polo/a docente, o propio ODE presenta formas de retroalimentación automáticas, inseridas na maioría das actividades incluidas nos apartados deste mesmo nombre (ACTIVIDADES). Os/as alumnos/as poden recoñecer así os seus avances no camiño de aprendizaxe a través deste recurso educativo.

Outros tipos de actividades e tarefas, requiren dunha retroalimentación pola parte dos docentes que empreguen este materiál. Trátase de casos donde a tecnoloxía non é quen de valorar con propiedade os resultados obtidos polos alumnos; sexa, por exemplo, en presentacións dixitais, tarefas de traballo colaborativo, búsqueda de información, etc. Nestes casos faise aconsellable a participación e o guidado docente.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)