Saltar navegación

Actividades

Dido e Eneas


Segundo se conta no libro VI da Eneida, Venus (Afrodita), a nai de Eneas, envía a Cupido, o deus do amor, a Dido. Debe dispararlle unha frecha de amor para que se namore de Eneas. Durante unha excursión de caza, a frecha fai efecto e dá os seus froitos. Con todo, o destino de Eneas era outro: non pode quedar, debe partir para fundar Roma.

Calquera esperaría que Eneas estivese en desacordo co seu destino, pero é obediente e decide seguir adiante. Dido, pola súa banda, sóbese a unha pira funeraria e suicídase por amor. Eneas a ve arder na distancia, xa embarcado rumbo a Roma.

Son moitas as recreacións artístisticas deste episodio lexendario, tanto nas artes plásticas, como na literatura e a música.

O traballo que te propoñemos aquí consiste en elaborar un informe no que se recollan algunhas destas influencias: escolle unha delas e expón na clase a versión ou características propias que ofrece respecto ao mito orixinal. 

A lenda de Rómulo e Remo

Completa os nomes que faltan na lenda de Rómulo e Remo

A lenda conta que despois de varias xeracións de monarcas albanos, descendentes da dinastía que fundara , o fillo de Eneas, aparece o rei Procas como pai de e . Á morte de Procas, converteuse en rei de , pero capturouno e enviouno a prisión. Como se lle profetizou ao rei  que calquera fillo home que , a filla de , dese a luz quitaríalle o poder, tamén obrigou a , a converterse nunha sacerdotisa vestal (as vestais tiñan obligación de manterse virxes baixo pena de seren enterradas vivas ), para que non tivese fillos. Durante moitos anos, foi o rei.

Segundo a versión xeralmente aceptada do mito, o pai dos famosos xemelgos foi o deus da guerra romano , que entrou no recinto das vestais é xuntouse a   . Cando se decatou de que estaba embarazada, enfureceuse e ordenou que os xemelgos fosen expostos; é dicir, abandonados á súa sorte, unha forma común de infanticidio en Roma ao longo da súa historia.
Ordenouse a un servente que levase aos nenos nunha cesta e os abandonase. Con todo, o criado apiadouse deles e colocou a cesta cos xemelgos no río . Os nenos foron río abaixo flotando na cesta e así foron atopados por unha , que os aleitou. Máis tarde foron criados por un . De mozos, volveron a e mataron ao usurpador e restauraron ao seu avó no trono, de forma que se cumpría así a profecía. Logo partiron en busca dunha nova cidade e finalmente detivéronse nun lugar do río .

Habilitar JavaScript

Escolle á resposta correcta

Pregunta

1. O mito de Rómulo e Remo utilizouse para...

Respostas

explicar a historia temperá de Roma

explicar a orixe de como os lobos se xuntaron aos humanos

contarlle historias de medo aos rapaces

Retroalimentación

Pregunta

2. A historia de Rómulo e Remo é un mito fundacional, xa que...

Respostas

fala do destino

están apoiados pola divinidade

explica a fundación dunha comunidade política, neste caso Roma

Retroalimentación

Pregunta

3. A zona onde se fundou Roma...

Respostas

atopábase na cume da montaña para unha mellor defensa

atopábase á beira do mar para o control do tráfico marítimo

era especialmente vantaxosa e ofrecía moitos recursos estratéxitos

Retroalimentación

Pregunta

4. Os primeiros 200 anos da historia de Roma transcorreron baixo...

Respostas

unha República

unha monarquía absoluta

un imperio

Retroalimentación

Pregunta

5. O poder de Tarquino "O soberbio", estivo marcado por...

Respostas

o florecemento das obras públicas e o mantemento da paz

o uso da violencia e a intimidación para manter o control sobre Roma

as guerras de expansión de Roma no Mediterráneo

Retroalimentación

Pregunta

6. A República Romana esténdese...

Respostas

ata o ascenso ao poder de Xulio César e César Augusto

ata a morte de Tarquino "o Soberbio"

ata o rapto das Sabinas

Retroalimentación

As estradas romanas

Desde esta páxina localizada na Universidade de Stanford, nos EEUU, podes simular a ruta entre diversas ciudades do Imperio Romano e o tempo que levaba, en distintas épocas do ano e diferentes medios de transportes; así como os precios calculados segundo varios criterios. Na imaxe de abaixo está representada a ruta entre en León e Roma, en inverno, co emprego de diversos medios de locomoción terrestres e marítimos. 

Trata de averiguar:

1. Canto lle levaría a un soldado do exército romano volver da Coruña a Roma a pé.

2. E a un comerciante de aceite chegar á cabalo á Coruña con 10 litros de aceite? 

3. Por onde se pasaría até chegar a Xerusalem dende A Coruña no outono?

Ruta de inverno entre León e Roma
A ruta entre Legio VII (León) e Roma

O sermón de San Martiño de Braga e os días da semana

Consérvase un valioso sermón, escrito a principios do século VI, por San Martiño, bispo de Braga, que describe as prácticas dos cristiáns do mundo rural en Galicia. Braga era a capital da provincia romana de Galicia, aínda que hoxe atópase no norte de Portugal. No seu sermón "Sobre a corrección dos rústicos", Martín describe a persistencia do que el chamaba "idolatría", xa que a xente do campo adoraba ás fontes e ás montañas, como o fixeran durante moitísimas xeracións.

O sermón de Martín de Braga tamén predicaba contra os nomes que a xente lle daba aos días da semana. O español e galego moderno conserva estes nomes que proveñen e son variantes do antigo latín. Estes días levaban un nome que viña de divindades pagás: luns, martes, mércores, xoves e venres. Deste xeito, só quedaba o sábado, que en español ven da palabra latina Sabbath, derivada do hebreo, e o domingo (dies Dominica, o día do Señor).

Martín quixo eliminar todo rastro de deuses pagáns nos días da semana. A súa influencia foi tal que o dialecto galego e o portugués cambiaron o sistema e puxeron números para nomear os días da semana. Cando Portugal se separou de España no século XIII, o portugués, que deriva do antigo galego, seguiu conservando os números para os días da semana, mentras que o galego volveu aos nomes orixinais.

Completa os nomes dos días da semana

Enche os ocos co nome dos días da semana que correspondan

Galego Portugués Castelán Inglés
domingo

Conforme se ve na tabla, que diferencias atopas entre os nomes portugueses e castelás? Por que? 

Averigüa cal era o deus que daba o seu nome ao sábado no mundo pagán.

Habilitar JavaScript

Marca os límites do imperio romano

Marca nun mapa de Europa mudo, a extensión do imperio romano na época do seu maior esplendor (co emperador Traxano). Indica as cidades máis importantes do imperio.

Mapa mudo de Europa
mapa mudo de europa
Mapa mudo de Europa

Feito con eXeLearning (Nova ventá)