Saltar navegación

9.2 Cine de heroes

Os heroes que discorren por estas páxinas non se circunscriben unicamente ao marco temporal da Antiga Grecia e Roma, senón que as súas vidas, paixóns, combates, sufrimentos e triunfos penetraron no imaxinario das xeracións humanas ata o día de hoxe, onde seguen dando materia para unha infinidade de recreacións e tratamentos do mito. Neste apartado imos ver algúns poucos exemplos desta pervivencia dos mitos heroicos no mundo do cinema.

Cabalo de Troia
Cabalo de Troia

Precisamente, as máis antigas lendas, as que se refiren ao ciclo troyano recóllense na moi coñecida Troia (Troy, 2004), de Wolfgang Petersen, con Brad Pitt no papel de Aquiles; pero non debemos esquecernos de Helena de Troia, de Robert Wise (1954). Moito máis seria e psicoloxicamente profunda é a cinta de Michael Cacoyannis As Troyanas (1971), sobre o penoso destino que lle esperaba ás mulleres troyanas logo de ser capturada a súa cidade polos aqueos.

O ciclo tebano posúe tamén a súa expresión cinematográfica: a crúa historia do Rei Edipo recréaa o director italiano Pier-Paolo Passolini, con moi poucos medios, no seu Edipo Rei (1967).

Edipo, logo de quitarse os ollos
Fotograma de Edipo Rei de Pasolini

Do propio Pasolini é tamén Medea (1959), pero neste caso pertencente á saga dos argonautas, pero centrada na figura de Medea, abandonada polo seu esposo Jasón para casar coa filla do rei de Corinto. Máis propio do cinema de aventuras é Jasón e os Argonautas (1963), de Don Chaffey cuns efectos especiais moi avanzados para a súa época.

Os episodios do mito de Orestes e Electra, baseados na traxedia Electra, de Sófocles, nárranse noutra película de tema clásico de Cacoyannis: Electra (1969), así como en Ifigenia en Aulis (1968), tamén baseado na obra homónima de Sófocles.

Acabamos esta rápida ollada ao cinema de heroes (clásicos) coa peculiar situación da figura de Heracles/Hércules, que a pesar de ser levado ao cinema en numerosas ocasións e de gozar da súa época de éxito, non conseguiu reflectir nesta arte a potencia e forza do mito orixinal. En realidade, a figura do heroe só serve nestas películas para dar ocasión a todo tipo de aventuras, a cal máis fantasiosa. O título dunha delas Hércules en Nova York (1969), protagonizada por Arnold Schwarzenegger, dio todo. Hai que recoñecer, con todo, que o carácter forzudo e lanzado do heroe creou todo un estilo en Hollywood, un de cuxos destacados expoñentes é un novo Hércules trasladado ás selvas de África: o archicoñecido " Tarzán".

Feito con eXeLearning (Nova ventá)