Saltar navegación

8. As Vodas de Tetis e Peleo e a mazá da discordia.

As vodas de Tetis e Peleo

Na voda de Tetis e Peleo, A deusa Discordia lanza unha mazá á mesa, para que a recolla a máis fermosa das deusas.
A mazá de ouro da Discordia


As historias da mitoloxía grega entretiveron á xente durante miles de anos, e mesmo hoxe en día, os relatos que sobreviviron fixeron que os nomes de moitos personaxes do mito sigan sendo ben coñecidos. Normalmente considérase que Zeus é o deus supremo do panteón grego, pero os relatos que se conservan non adoitan centrarse no goberno de Zeus, senón na vida amorosa do deus. Por este mesmo motivo, Zeus intervén na vida do mortal Peleo (rey da Ptia en Tesalia) e organiza a voda deste con Tetis, a fermosa deusa do mar. Zeus ama a esta deusa, pero teme a profecía de que un fillo nado dun matrimonio con Tetis sería máis poderoso que el (O Titán Prometeo coñece tamén este secreto de Tetis). O matrimonio de Tetis cun home mortal asegura que o fillo será mortal e, por tanto, non supoñerá unha ameaza para a soberanía de Zeus. O fillo de Peleo e Tetis vai ser Aquiles.

Zeus non quere que nada salga mal durante a cerimonia matrimonial; por tanto, négase a convidar a Eris -a personificación da loita e a disonancia- á voda. Ela, por suposto, aparece de todos os xeitos, de acordo coa súa natureza, e fai rodar unha mazá, "a mazá da discordia", na festa da voda. Tres deusas -Hera, Atenea e Afrodita- ven as palabras "para a máis bela" rexistradas na pel da mazá. Cada unha destas mulleres divinas desexa este premio; Zeus lanza a mazá desde o Olimpo e Paris, vagando polas chairas de Troia, recóllea. Cando le as palabras "para a máis bela", aparecen as tres deusas. Paris debe elixir a unha das tres e o seu xuízo conduce á Guerra de Troia: Afrodita gaña o concurso e a cambio Paris obtén o amor de Helena, a muller máis bela do mundo, esposa do rei grego Menelao, irmán de Agamenón. Cando Paris leva a Helena á cidadela do seu pai Príamo, os fillos de Atreo -Agamenón e Menelao- incitan aos gregos á guerra e lanzan mil barcos ao mar Exeo para recuperar a Helena. Esta foi a causa mítica da guerra de Troia.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)