Saltar navegación

Proposta de creación TIC: viaxes de ida e volta ó máis alá

Tarefa

Agrupamento:
Tres ou catro participantes

Existen diversos relatos sobre viaxes de ida e volta ao inframundo. Entre estes destacan o realizado por Ulises na Odisea (Cap. XI), Eneas na Eneida (cap. VI), Perséfone (Himno homérico a Deméter), Heracles (cap. II da Biblioteca, de Apolodoro) e Orfeo (consulta aquí esta lenda).

Elaborade unha presentación dixital para a clase onde se expliquen os puntos principais destas viaxes: o motivo, os lugares que visitaron, os personaxes que se atoparon alí e o procedemento de volta. Tenta descubrir semellanzas e diferenzas en cada un destes relatos. 

Feito con eXeLearning (Nova ventá)