Saltar navegación

Actividades

Actividade de encher espazos

Le o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan.

Atenea, ou para os romanos, era a deusa grega da sabedoría e a guerra, máis concretamente da guerra estratéxica. Atenea é un caso peculiar. O seu pai era e a súa nai a ninfa . Con todo, de maneira estraña, Metis non a deu a luz. O mito di que Zeus escoitou unha profecía de que o fillo de Metis gobernaría o ceo. Sendo el mesmo o gobernante do ceo, Zeus non podía permitir que isto sucedese. Así que se tragou a Metis. Tempo despois, Zeus comezou a sufrir unha dor de cabeza que foi empeorando ata facerse insufrible. , o deus grego do lume e a ferrería, decidiu axudar ao seu pai. Entón tomou unha machada e abriu a cabeza de Zeus. Da cabeza xurdiu Atenea, non como un neno, senón como unha muller adulta con armadura e empuñando as súas armas, a lanza e o escudo. 

Habilitar JavaScript

Actividade de encher espazos

Le o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan.

A diferenza de Atenea, Poseidón (ou para os romanos) era un irmán de , descendente de e Rea, que eran o rei e a raíña dos deuses antes da chegada dos 12 olímpicos. Cando Cronos devorou aos seus fillos, Poseidón foi liberado polo seu irmán . Ao derrotar a Cronos e aos Titáns, Zeus dividiu os tres reinos do ceo, o mar e o inframundo entre el e os seus dous irmáns, Poseidón e . quedou co mellor dos tres, o ceo, co océano e coa peor repartición, o Inframundo, ou inferno, tamén chamado Hades. Como tal, Poseidón era visto como un igual de Zeus, cun reino propio, aínda que de menor importancia. O deus gobernaba o seu reino xunto á súa esposa e coa compañía das ninfas do mar, as Nereidas e os Tritóns, que eran criaturas metade home e metade peixe.

Poseidón era un dos deuses gregos máis venerados, o que ten sentido para un pobo que depende do mar para viaxar e comerciar tanto como os gregos. Outro aspecto esencial de Poseidón era o seu poder para sacudir a terra. Do mesmo xeito que Zeus era visto como a fonte dos tronos, Poseidón era visto como a fonte dos , un fenómeno extremadamente común e catastrófico no Mediterráneo oriental. Ademais, era o deus dos cabalos. Poseidón tamén parece ser anterior aos demais deuses gregos. O seu culto está presente desde finais da Idade de Bronce e os micénicos. Os seus principais símbolos eran o , o cabalo, o golfiño e o touro.

Habilitar JavaScript

Tarefa

Traballo cooperativo grupal
Tres ou catro participantes en cada grupo

No texto da lenda sobre a rifa de Atenea e Poseidón cítase unha reflexión de Platón sobre a importancia de Atenas. Pode que non saibas quen foi e que significou Platón na cultura universal. A tarefa encomendada aquí consiste en expor nunha presentación perante a clase quen foi este personaxe histórico e por que é tan famoso.

Canto sabes...?

Pregunta

Quen foi Cécrope

Respostas

Un deus grego

Un dos máis importantes filósofos de Atenas

O primeiro monarca de Atenas

Retroalimentación

Pregunta

Que significa autóctono?

Respostas

Que é libre de decidir o seu destino

Que se move autónomamente

Que ten a súa orixe na propia terra

Retroalimentación

Pregunta

Mitógrafo é...

Respostas

...o debuxante dos mitos

...o recompilador e narrador de mitos

...licenciado en mitografía

Retroalimentación

Pregunta

Cal foi o agasallo de Atenea a Atenas?

Respostas

Unha fonte da que manaba madeira

O aceite de oliva e as aceitunas

Unha oliveira

Retroalimentación

Pregunta

A qué deus estaba consagrado o tempo do Erecteo

Respostas

A Atenea

A Poseidón

A ámbolos dous

Retroalimentación

Actividade de encher espazos

Le o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan.

Atenas é a cidade máis destacada na historia de Grecia. Comezouse a construír arredor do século a. C., a partires dunha antiga aldea, tendo como centro principal un outeiro que lles servía de defensa para cando fosen atacados. Arredor da cidade estaba unha terra cha, chamada , de onde obtiñan trigo e pastoreaban gando, sobre todo . Cerca estaba tamén as minas de do Laurión, que lles permitían dispor de cartos para a construción de obras públicas e barcos de guerra. O sistema político que eles inventaron, a , facilitaba ademais a participación de todos os cidadáns nos asuntos públicos. Atenas foi desenvolvéndose ata converterse na cabeza dun imperio que dominaba o mediterráneo, vencendo incluso á maior potencia militar da súa época, o imperio .

era tamén outra das poderosas cidades-estado da antiga Grecia e foi ao longo do tempo rival de Atenas e era famosa polo poder do seu exército e a valentía dos seus soldados. Todos os varóns espartanos tiñan que servir no exército sen excepción, e mesmo eran educados para iso practicamente dende o mesmo nacemento. Exemplo deste carácter guerreiro foi a batalla das , onde se di que un destacamento de espartanos foi quen de deter ao exército persa, composto de máis de 100000 soldados, durante varios días. Sen embargo, ao dedicar todos os esforzos á excelencia militar, Esparta só destacou neste campo, sen aportar ao campo da cultura e das artes humanas, a diferencia de Atenas e de outras cidades gregas.

Corinto foi outra das grandes polis gregas e rival tamén de Atenas e Esparta. Aínda que menos coñecida que estas dúas, tivo un papel importante no comercio mediterráneo e destaca o seu papel na colonización da chamada Magna Grecia (ver sección seguinte), sobre todo e o seu porto .

As cidades de Argos e Tebas eran das máis poderosas e antigas de Grecia e mesmo aparecen nas lendas gregas máis antigas. O exército tebano foi quen de derrotar aos espartanos nas batallas de Leuctra e Mantinea e acabar co seu dominio.

albergaba un santuario a Zeus (Zeus olímpico) e alí no seu honor celebrábanse cada catro anos os xogos olímpicos. Estes xogos chamábanse tamén (de toda Grecia) . No santuario os gregos podían desfrutar dunha das sete marabillas do mundo antigo: a estatua de Zeus, cunha altura de 12 metros.

Aínda que non era propiamente unha cidade-estado, non podemos esquecernos do Reino de Macedonia, que dende finais do século IV a.C. ata a morte de Alexandro Magno xogou un importante papel na historia grega.

Habilitar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova ventá)