Saltar navegación

8.3 A pegada do mito na artes plásticas

A pegada do mito nas artes plásticas

A influencia da arte e da arquitectura grecolatina e da súa temática predominántemente mítica esténdese a todos os movementos artísticos e períodos da arte occidental. Mentres que a arquitectura romana e a arte grega influíron nos períodos románico e bizantino, a influencia da arte clásica fíxose dominante no Renacemento italiano, fundado nun renacemento do interese polos principios, a filosofía e os ideais estéticos clásicos.

O Partenón e o Panteón, así como os escritos de Vitruvio, deixaron unha profunda pegada nas teorías e a práctica arquitectónica de Leon Battista Alberti e Palladio e nos deseños da era moderna, incluídos os de Le Corbusier.

A escultura grega deixa tamén pegada nos artistas renacentistas Miguel Anxo, Durero, Leonardo da Vinci, Rafael e os posteriores artistas barrocos, como Bernini. Os descubrimentos de Pompeia inspiraron as teorías estéticas do século XVIII e no desenvolvemento do neoclasicismo, como se aprecia nas esculturas de Antonio Canova. O escultor moderno Auguste Rodin asombrábase do virtuosismo dos mármores do Partenón. Os artistas, desde o futurista Umberto Boccioni, o surrealista Salvador Dalí e o polifacético Pablo Picasso, ata, máis tarde, Yves Klein, Sanford Biggers e Banksy, citaron a arte grega como influencia.


A arte clásica tamén tamén se tivo en conta noutras formas de arte: e a primeira peza de moda presentada no Museo de Arte Moderna en 2003 foi O vestido de Delfos (1907) de Fortuny, un vestido de seda inspirado no Auriga de Delfos (c. 500 a. C.), que se descubrira unha década antes. As lendas, os deuses, as filosofías e a arte da época clásica convertéronse en elementos esenciais da cultura e a conciencia occidentais posteriores.

Vestido longo de muller Vestido de Delfos

O auriga de Delfos, cun vestigo longoAuriga de Delfos 

Feito con eXeLearning (Nova ventá)