Saltar navegación

3.2 O papel da muller na Antigüidade grega

Muller lavando a carón dunha fonte
Muller lavando

Na antiga Grecia as mulleres non desfrutaban do mesmo status que os homes. Mesmo en cidades-estado como Atenas, que tiña polo menos unha democracia limitada, ás mulleres atenienses negábaselles a participación na política e adoitaban estar controladas polos homes.

Esperábase que unha moza casase para poder dar fillos lexítimos ao seu marido e ao estado cidadán. As nenas casaban aos 14 anos e os pais adoitaban elixir aos posibles maridos das súas fillas. Os homes cos que casaban eran normalmente maiores, a miúdo de vinte cinco anos.

Pasaba pouco tempo entre o matrimonio dunha moza e as súas responsabilidades de maternidade, pois a maioría das novas casadas tentaban ter un fillo cada dous anos. Isto significaba que unha nova nai estaba embarazada ou aleitando case todo o tempo. As mulleres gregas debían quedarse na casa e ocuparse das tarefas domésticas; de feito, en moitas cidades-estado gregas, as mulleres non debían ser vistas en público. Os lugares públicos, como os baños ou os templos, adoitaban estar prohibidos para as mulleres.

Escena no xineceo
Escena no xineceo

Na casa, as mulleres da clase alta tiñan as súas propias habitacións, o xineceo, onde se vestían e durmían. Estas mulleres solo moi de cando en cando saían de casa, e pasaban o día fiando la para a roupa, visitando ás súas compañeiras e coidando aos nenos pequenos. As mulleres da aristocracia quedaban en casa tan a miúdo que adoitaban ter a cara moi pálida. Isto converteuse nun signo do alto status económico da muller. As mulleres de clase baixa copiaban esta coloración pálida utilizando un po facial feito de chumbo branco en po. As mulleres de clase alta adoitaban ter serventes que lles axudaban nas tarefas do fogar, como a limpeza, a cociña e outras.

As serventas acompañaban á muller da casa cando esta saía ao exterior. Considerábase aceptable que unha muller asistise a actividades como festivais relixiosos, funerais, viaxes de compras e partos en casa dun parente ou amigo. O marido da muller podía acompañala nestas ocasións, excepto no parto. Os maridos mantíñanse afastados durante o parto das súas esposas. Ter fillos era a maior honra que podían alcanzar as mulleres. Preferíase aos fillos sobre as fillas, pois esperábase que os fillos mantivesen aos seus pais na súa vellez.

Con todo, as mulleres gregas tiñan algúns dereitos. Así en varias cidades-estado gregas permitíaselles posuír propiedades que podían herdar dos seus pais, pero só se non había irmáns vivos. Pero, en xeral, o panorama da situación da muller en Grecia era de clara inferioridade frente aos varóns.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)