Saltar navegación

SÍMBOLOS DUN DIAGRAMA DE FLUXO

 

¿Para que se empregan cada un dos símbolos?

Terminal- O seu uso é para o inicio ou fin do proceso.

Entrada manual- Representa o almacenamento de valores en variables mediante a entrada polo teclado.

Proceso- Realizar un proceso, por exemplo unha operación matemática

Impresión documento- Representa a impresión dos datos.

Preparación- Representa as condicións dun grupo de procesos que se repiten.

Decisión- Cando temos unha pregunta coa posibilidade de resposta de dous ou máis opcións.

Datos na pantalla- É a presentación dos datos na pantalla.

Conector- Une dúas partes dun diagrama nunha mesma páxina.

Conector- Une dúas partes dun diagrama que non podemos representar na mesma páxina.