Cando queremos facer un diagrama de fluxo deberemos ter en conta as seguintes normas:
- Tódolos símbolos deben estar conectados.
- A un símbolo de inicio nunca chegan liñas e dun símbolo de fin nunca parte ningunha liña.
- A un símbolo de proceso poden chegar varias liñas.
- A un símbolo decisión poden chegar varias liñas, pero só sairán dúas (SI ou NON; VERDADEIRO ou FALSO).