Saltar navegación

PSEUDOCÓDIGO

O pseudocódigo é unha linguaxe intermedia entre a nosa  e unha linguaxe de programación.É unha axuda para realizar despois o programa na linguaxe de programación empregada.

Cando queremos expresar un algoritmo mediante o pseudocódigo empregaremos frases que permitan expresar con detalle as instrucións dende un estado inicial (problema) ata un resultado desexado (solución).

Non existen unhas regras para escribir o pseudocódigo, pero xeralmente se empregan as seguintes palabras:

  • Para indicar o comezo e o fin do programa se empregan: Inicio, Fin.
  • Se queremos que apareza tanto un texto como un número o unha variable na pantalla do ordenador poñemos : Escribir ou Mostrar seguido do texto ou número entre comiñas.
  • Se queremos que o programa lea algo que nos introducimos co teclado ( un número, un nome..... ) e o garde deberemos poñer: Ler.
  • Se queremos que o programa calcule algo poñemos: Calcular

Exemplo:

Inicio

Escribir  "¿Cal é o teu nome?

Ler  nome

Escribir  "O teu nome é" + nome"

Fin

Actividade

  1. Escribe o pseudocódigo para o seguinte algoritmo: A temperatura nunha casa debe estar entre 18ºC e 20ºC. Se a temperatura é de 22ºC a calefacción apagarase e se a temperatura na casa é de 16ºC entón acende a calefacción.
  2. Escribe o pseudocódigo para sumar dous números.
  3. Escribir o pseudocódigo para un programa que detecte se unha persoa é maior de idade. Se ten máis de 18 anos o programa escribirá "Es maior de idade" , pero en caso contrario escribirá " Non es maior de idade".
  4. Escribe o pseudocódigo para indicarlle a un peón se pode pasar ou non nun semáforo. Se a luz é verde escribirá "Pode pasar" se a luz é vermella escribirá" Alto, debe esperar".