Saltar navegación

¿COMO FUNCIONAN OS PROGRAMAS INFORMÁTICOS?

Para que un dispositivo ou aparello realice unha función é preciso que teña unhas instrucións concretas.

Por exemplo: un ordenador non fai nada pola súa conta é necesario que teña uns programas instalados para que saiba en cada momento que debe facer. Debe ter unhas instrucións moi detalladas e pequenas para que poida entendelas e deben estar escitas nunha linguaxe que comprenda.

Estas instrucións darallas o programador informático e este é o que decide que linguaxe é o máis axeitado para cada tarefa.

As linguaxes que se utilizan para facer programas son moitas, por exemplo: C, C++, Java, Javascript, Python, Ruby, PHP. Cada un deles empregarase segundo o uso que se lle dea.

Linguaxes de programación
Pixabay. Linguaxes de programaciónh (CC0)

Actividade

  1. Investiga para que se empregan as seguintes linguaxes de programación:C, Java, Javascript, MATLAB, Ada, Python, HTLM, PHP.
  2. Investiga que linguaxes foron as primeiras que se empregaron para programar.