Saltar navegación

ACTIVIDADE 2 PYTHON. FACER CÁLCULOS

Precoñecemento

Podemos  empregar Python para facer cálculos.

Debemos coñecer que símbolos temos que utilizar segundo o tipo de operación que fagamos:

OPERACIÓN SÍMBOLO
Suma +
Resta -
Multiplicación *
División /
Funcións exponenciais **

Sintaxe

Sempre debemos comezar o programa coa palabra print para amosar o programa na xanela SCHELL. As instrucións (o que queremos calcular) teñen que ir entre paréntese.

Actividade 1

Fai os programas para realizar os seguintes cálculos:

  1. 20+2056
  2. 345-32
  3. 234x234
  4. 32456:78
  5. (34+67)x66
  6. 34x(56-13)

Problemas

  1. Calcula o área dun cadrado de 10 cm de lado. Calcula tamén o seu perímetro.
  2. Calcula o volume dunha esfera que ten 13 cm de radio.
  3. Calcula canto teremos que pagar polo IVE, cando mercamos un produto que ten un prezo de 100€ sabendo que se lle aplica o 21% .¿ Cal sería o prezo do produto se non pagaramos o IVE?

Retos

  1. Fai un programa para calcular cantas horas ten cada un dos meses do ano.Deberás de introducir unha pregunta , por exemplo, ¿Cantas horas ten o mes de xaneiro? e a resposta ten que ser o cálculo.
  2. Fai un programa que calcule o número de segundos que hay nun día,nun mes e nun ano.